Xuntos polo Nadal

Se vas pasar as festas de Nadal só ou soa e tes máis de 60 anos, podes compartir celebración, actividades e bos momentos con outras persoas maiores nas Residencias de Tempo Libre da Xunta de Galicia.

Ofrécese aloxamento en réxime de pensión completa.

Poderás desfrutalo desde o 24 de decembro do 2023 e ata do día 7 de xaneiro do 2024.

No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (do 24 de decembro ao 30 de decembro do 2023, ou do 31 de decembro do 2023 ao 7 de xaneiro do 2024 se así se solicita).

Convócanse 270 prazas repartidas en dúas residencias:

  • Panxón
  • O Carballiño

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 8 de decembro do 2023 (incluído).

Podes consultar nesta ligazón toda a información sobre os requisitos e documentación a presentar, así como as formas de presentación de solicitudes.

Queres saber máis?