Como podo contactar coa Xunta de Galicia?

A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon a disposición dos cidadáns e das cidadás para facilitarlles o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.

Aberto todo o ano

PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.

12/01/2023 - 01/04/2024

BS403B - Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Aberto todo o ano

BS319A - Carné Xove.

Aberto todo o ano

PR212A - Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Aberto todo o ano

PE616A - Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Aberto todo o ano

PE405A - Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

19/07/2023 - 15/12/2023

AP400A - Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables.

Que necesitas facer?

  • Desde aquí podes solicitar cita previa para algunha das oficinas de rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia que dispoñen do servizo, nas dependencias das consellerías que teñan habilitada a cita previa, nas oficinas da Axencia Tributaria ou nas oficinas de emprego.

  • Acceso aos trámites da administración autonómica dispoñibles electronicamente, así como o acceso aos servizos e rexistros electrónicos, e ao meu cartafol.

  • Localiza a túa oficina de atención á cidadanía e rexistro máis próxima para os trámites que necesites realizar coa administración autonómica.

  • Nesta ligazón atoparás información sobre Chave356, que e, como solicitala, renovala, para que se pode usar, onde conseguila...

  • Podes realizar a comunicación de niños de Vespa velutina e coñecer en calquera momento a situación desta comunicación.

  • Nesta ligazón podes solicitar a comunicación e autorización de queimas a través dos puntos de atención habilitados.

  • Presentación da solicitude do permiso para cortas a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Podes acceder á Oficina Virtual de Gandaría e consultar información ou realizar trámites administrativos necesarios para o sector gandeiro. 

Asemade, a Xunta de Galicia promove tamén a dispoñibilidade dun servizo de videointerpretación en lingua de signos coa finalidade de garantir a atención cidadá ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

videointerpretación en lingua de signos

Se non atopas a información que buscas ponte en contacto con nós a través do enderezo electrónico 012@xunta.gal ou a través do formulario de contacto