Bonos Activa Comercio

A Xunta de Galicia pon en marcha a segunda convocatoria do Bono Activa Comercio deste ano 2026, unha iniciativa para incentivar o comercio de proximidade.

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá empregar nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.

A ter en conta

  • Trátase dun bono por valor de 30 €
  • Estarán dispoñibles para a súa descarga na web www.bonosactivacomercio.gal 27/05/2026  ao 15/12/2026 salvo previo esgotamento do crédito do programa
  • Terá a consideración de bono desconto e o importe irase consumindo en función do valor da compra
  • Para empregalo terá que dirixirse a un dos establecementos adheridos
  • Non será aplicable o troco dos bonos para as compras en liña

Novidade

Como principal novidade, salienta a posta en marcha dun sorteo complementario a través das contas oficiais da Xunta en TikTok e Instagram.

  • O sorteo ofrece 4 bonos de 250€ cada un.
  • Validez: 1 semana desde a súa entrega
  • Para participar é necesario:
  • Realizar unha compra cun Bono Activa Comercio nun establecemento adherido
  • Interactuar coas publicacións oficiais do sorteo en Tiktok ou Instagram, segundo as condicións da convocatoria publicada no DOG