- Inicio
- Atención á cidadanía
- Temas destacados
-
Bono Social Térmico
- Illas Cíes e Ons
- Praia das Catedrais
- Trens turísticos de Galicia
- Illote Areoso
- O Camiño de Santiago
- Tarifa +65
- Carné +65
- XuntaEu
- Benestar en balnearios
- Bono Social Térmico
- Outono Gastronómico
- Bono Concilia Familia
- Residencias de tempo libre
- Vespa velutina
- Axudas para paliar os danos dos incendios forestais
Temas destacados
-
Temas destacados
- Illas Cíes e Ons
- Praia das Catedrais
- Trens turísticos de Galicia
- Illote Areoso
- O Camiño de Santiago
- Tarifa +65
- Carné +65
- XuntaEu
- Benestar en balnearios
- Bono Social Térmico
- Outono Gastronómico
- Bono Concilia Familia
- Residencias de tempo libre
- Vespa velutina
- Axudas para paliar os danos dos incendios forestais
Bono Social Térmico
É un programa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores/as vulnerables.
A súa finalidade é compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para calefacción, cociña ou auga quente ou para axudar no pago de actuacións de eficiencia enerxética, que permita o aforro.
A ter en conta
- Persoas beneficiarias do Bono Social Térmico do ano 2024: todas as persoas que sexan xa beneficiarias do Bono Social Eléctrico a 31/12/2023.
- Non é preciso realizar ningunha solicitude, a todas as persoas beneficiarias envíaselle unha carta ao seu domicilio comunicándolle os importes que lle corresponden.
- Se todos os datos que constan na carta están correctos non é preciso facer nada para cobrar a axuda.
- Aínda que non é necesario, pode confirmar que os datos están ben a través da web https://bonosocialtermico.xunta.gal identificándose con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365 e subindo tamén a documentación correspondente.
- Ingreso: De acordo coa normativa vixente, non existe un prazo determinado para o pagamento da axuda, que en todo caso realizarase dentro da anualidade correspondente. Unha vez se vaian confirmando os datos de beneficiarios/as xa se irá aboando a axuda de xeito progresivo ás máis de 90.000 persoas beneficiarias.