Galicia Litoral
Galicia é unha comunidade autónoma marítima por excelencia co litoral máis longo de toda España.
Ao abeiro do disposto na Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, esta Comunidade Autónoma de Galicia exerce as competencias en materia de ordenación e xestión integrada do noso litoral. O litoral de todos os galegos e galegas.
A ter en conta
Para solicitar un uso ou ocupación no litoral de Galicia (tanto no dominio público marítimo-terrestre como nas súas zonas de servidume) dende o 1 de xullo do 2025, as persoas interesadas deben dirixirse ao departamento correspondente da Administración autonómica, a través dos seguintes procedementos:
- Se se trata dunha autorización ou concesión:
- MT701A Ocupacións ou usos no litoral de Galicia
- Se se trata de actuacións que se proxecten sobre obras, actividades e instalacións legalmente implantadas na zona de servidume de protección e que non supoñan un incremento da altura, da superficie ocupada ou da volumetría existente nin un cambio do uso, será suficiente con presentar a correspondente declaración responsable:
- MT701B Realización de obras na zona de servidume de protección (declaración responsable)