Bono coidado para persoas dependentes

Galicia é a primeira comunidade autónoma en universalizar os coidados para as persoas con dependencia a través de dúas axudas que chegarán no ano 2024:

  • Bono coidado no fogar: unha axuda directa de 5.000 € ao ano para o coidado da persoa con dependencia na casa. 
  • Bono coidado en residencia: unha axuda adicional de 1.200 € ao ano para contribuír ao pago dunha praza na residencia que elixa a persoa maior.

Estas axudas chegarán a máis de 30.000 maiores, persoas con discapacidade e tamén, por suposto, a todas as súas familias.

Teñen carácter universal e non dependen do grao de dependencia ou da renda, son para todos por igual.