Carné +65

A vellez é unha etapa para gozar.

Facer o que non tivemos tempo de facer cando eramos máis novos, probar novas experiencias, pasar bos momentos en compaña dos nosos ou, simplemente, seguir gozando do que sempre nos gustou facer no tempo libre.

Para fomentar isto, a Xunta de Galicia pon en funcionamento o Carné +65:

  • Todas as persoas de 65 anos ou máis, empadroadas en Galicia, recibiron de oficio o Carné +65 nos seus domicilios.
  • Se non o recibiu pode solicitalo a través do enderezo xestion.carne65.maiores@xunta.gal
  • O funcionamento é similar ao do Carné Xove e non precisa activación.

A ter en conta

  • Simplemente será preciso presentalo nos establecementos que estean adheridos ao plan para beneficiarse de descontos, vantaxes e beneficios que ofrecen.
  • Pode consultar os establecementos adheridos aquí
  • Os establecementos que queiran adherirse poderán facelo aquí