Bono Concilia Familia

Bono Concilia Familia

O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias con nenos e nenas de ata 13 anos durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos – salvo os organizados polas administracións públicas -, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

A ter en conta

  • O prazo de presentación de solicitudes é desde as 9:00h do 9 de setembro ata as 14:00h do 9 de outubro de 2026
  • Poden beneficiarse as familias con nenos e nenas de entre 4 e 13 anos (nacidos entre o 01/01/2013 e o 31/12/2022) que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir necesidades puntuais de conciliación polas obrigas laborais, persoais ou as responsabilidades familiares.
  • Os requisitos para solicitalo son:
    • Residir en Galicia
    • Ter un fillo/a de entre 4 e 13 anos (nacidos entre o 1/1/2013 e o 31/12/2022)
    • Que ambos proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)