Campamentos de verán
Baixo o lema Modo verán activo a Xunta de Galicia, a través da Campaña de Verán, oferta a posibilidade de que empregues o teu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc.
Campamentos do programa Acción de Verán
- QUEN PODE SOLICITAR A PRAZA:
- Persoas mozas residentes en Galicia
- Deberán ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude
- Ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e non poderán facer os 18 anos antes da finalización do mesmo.
- Por outra banda e co obxeto de que a inclusión social sexa unha realidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade igual ou superior ao 33% poden optar, facéndoo constar no formulario:
- Polas prazas do procedemento xeral
- Ou polas prazas reservadas para inclusión
- Se desexa solicitar praza para dous/dúas ou máis irmáns/irmás ou persoas que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar: contémplase a posibilidade de vincular varias solicitudes entre sí marcando a casiña correspondente en cada unha delas e indicando o número de DNI/NIE da/s outra/s persoa/s menor/es coas que se quere vincular.
Deste xeito que ou ben resultarán adxudicatarias todas elas para a mesma instalación, quenda e campamento, ou ben ningunha.