A atención centrada nas persoas

A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon a disposición da cidadanía e das cidadás para lles facilitar o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.

Esta, préstase mediante o sistema integrado de atención á cidadanía da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten, entre as súas principais funcións, a de facilitarlle á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.

Xunto con estes instrumentos de difusión da información á cidadanía, o sistema integrado contempla tamén o procedemento para a presentación e tramitación de suxestións e queixas.

Asemade, a Xunta de Galicia promove tamén a dispoñibilidade dun servizo de videointerpretación en lingua de signos coa finalidade de garantir a atención cidadá ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

Icono de videointerpretación en lingua de signos

Videointerpretación en lingua de signos

Descrición do servizo

O sistema integrado de atención á cidadanía ten as seguintes funcións:

  • Facilitarlle á cidadanía información xeral e orientación sobre as dependencias, centros, servizos, procedementos administrativos, axudas, subvencións e calquera outra documentación necesaria para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
  • Informar sobre o estado de tramitación dos procedementos administrativos ás persoas que teñan a condición de interesadas, así como ás persoas responsables da súa tramitación e resolución.
  • Orientar, segundo a normativa vixente, sobre os requisitos técnicos e xurídicos que deban conter as solicitudes ou actuacións que a cidadanía pretende realizar.
  • Informar e orientar sobre o procedemento para o exercicio do dereito de acceso á información pública ao abeiro da lexislación vixente en materia de transparencia.
  • Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación do procedemento de presentación de suxestións e/ou queixas, así como facilitar a súa tramitación.
  • Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación electrónica dos procedementos administrativos.
  • Orientar e atender á cidadanía no exercicio dos seus dereitos e no cumprimento das súas obrigas.

O Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 (981 900 643 para chamadas realizadas desde fóra da nosa comunidade autónoma) facilita información e asesoramento sobre os servizos prestados pola nosa comunidade autónoma, permitindo a realización de trámites dun xeito sinxelo e directo.

Números de teléfono:

  • Desde Galicia: 012 - 981 900 643
  • Desde fóra de Galicia: 981 900 643
  • Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643

Correo electrónico: 012@xunta.gal

O servizo do 012 inclúe a atención á cidadanía en galego e en castelán.

Materias sobre as que se facilita información

Transfire chamadas ao persoal da Xunta de Galicia e, de non ser posible, informa dos seus datos de contacto e/ou localización.

Facilita información relativa aos fins, competencia, organización e funcionamento dos distintos órganos e servizos da Xunta de Galicia, a súa localización e formas de acceso aos diferentes órganos de xestión.

Facilita información e presta asistencia na presentación de queixas e suxestións en relación co funcionamento dos servizos do sector público autonómico.

Facilita a información sobre os procedementos e servizos que a Xunta de Galicia pon a disposición dos/as cidadáns/ás, xa sexan persoas físicas e xurídicas, como son: o obxecto do procedemento ou servizo, as persoas ás que se dirixen e mais os requisitos que deben cumprir, a documentación a presentar xunto coa solicitude, o prazo de resolución do procedemento e o sentido do silencio, así como un enlace coa norma reguladora.

Ademais incorpórase o acceso aos formularios normalizados para iniciar a tramitación, e tamén aos modelos máis utilizados durante a tramitación administrativa.

Facilítalle á cidadanía a realización de trámites a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Proporciónase asistencia técnica aos/ás cidadáns/ás para que poidan configurar os seus equipos de forma que se adapten aos requirimentos técnicos da sede electrónica da Xunta de Galicia (uso de certificados electrónicos, sistemas operativos, navegadores, configuración tecnolóxica, visores de documentos etc.).

Facilita información tipo sobre procesos selectivos, listas de contratación, concurso de traslados e outras materias xestionadas pola Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Facilita información tipo sobre as actividades formativas xestionadas pola Escola Galega de Administración Pública e pola Academia Galega de Seguridade Pública da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza.

Facilita información relativa á identificación de gando vacún, ovino e caprino, apicultura, letra Q, influencia aviaria, comunicación e autorización de queimas, detección de niños e individuos de Vespa velutina e permite a presentación de declaracións responsables de aproveitamentos madeireiros para uso doméstico.

Importante
chatbot

Pode realizar a comunicación de niños de Vespa velutina a través do chat situado ao pé desta páxina, que lle irá solicitando toda a información precisa para xerar o aviso. Lembre anotar o código do aviso para comunicarse co 012 se desexa coñecer en calquera momento a situación desta comunicación. Os datos persoais que facilite serán empregados unicamente para a xestión do aviso. Poderá consultar a información básica sobre protección de datos ao entrar no chat. 

Informa sobre as xestións que pode realizar a cidadanía a través da Oficina Virtual do Medio Rural.

En xeral proporciona asesoramento e información das actividades e programas xestionados pola Consellería de Medio Rural.

Tamén informa dos avisos de ataque do lobo que son competencia da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Facilita información básica en materia de vivenda. En concreto informa sobre:

  • Axudas á promoción privada (adquisición de vivendas usadas, compra de vivendas de protección autonómica, promoción individual para uso propio, etc...
  • Axudas á rehabilitación e á recuperación do patrimonio construído.
  • Axudas á mellora da habitabilidade das vivendas (infravivenda rural, remate de fachadas, áreas de rehabilitación, subvencións do programa de vivenda en alugueiro, renda básica de emancipación etc.)

Atención a demandantes

Recepción de chamadas

Nesta liña atenderase aos usuarios interesados nos seguintes temas:

  • Solicitude de información sobre as ofertas de traballo que se difunden a través dos distintos medios (prensa, TVG, TVE, páxina web...)
  • Solicitude de información do funcionamento do SPEG e da rede de Oficinas de Emprego
  • Solicitude de información de políticas activas de emprego dos distintos programas da Consellería de Traballo e Benestar
  • Atención dun primeiro nivel de reclamacións dos/as demandantes de emprego
  • Comprobación da dispoñibilidade de ofertas para todas aquelas persoas demandantes de emprego coas que se contactou previamente
  • Información da YEI (Youth Employment Initiative), iniciativa de emprego xuvenil­

Emisión de chamadas

Na emisión de chamadas aos/ás demandantes de emprego, a función principal será a de contactar con demandantes de emprego para verificar se están dispoñibles e interesados/as en que o seu currículo sexa posto a disposición das empresas oferentes de emprego para que estas realicen a selección definitiva.

Atención a empregadores/as

Liña telefónica destinada, basicamente, á recepción de chamadas, coa excepción da realización de enquisas.

A tipoloxía das chamadas entrantes será:

  • ­Solicitude de información e resolución de dúbidas da aplicación informática de contratación laboral (Contrata)
  • ­Solicitude de información sobre a introdución de ofertas de traballo, o que supón un redireccionamento cara a unha oficina de emprego ou un centro asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia
  • Solicitude de información sobre as liñas de promoción de emprego e fomento de contratación da Consellería de Traballo e Benestar
  • Solicitude de información sobre os distintos programas da Consellería

Facilita información sobre os programas dirixidos á xuventude impulsados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: carné xove, bolsas, actividades, emprego, educación, vivenda etc.).

Facilita información e asesoramento en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das TIC e hábitos saudables. É un servizo de referencia en Galicia para o asesoramento e a realización da proba rápida de VIH.

  • Facilita información concreta sobre o estado de tramitación dos expedientes de dependencia xestionados por parte das respectivas unidades dependentes da Secretaría Xeral de Política Social e das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
  • Proporciona información xeral ás demandas de información en materia de dependencia
  • Xestiona a concertación de citas para a valoración da dependencia

  • Facilita información concreta sobre o estado de tramitación dos expedientes de discapacidade xestionados por  parte das respectivas unidades dependentes da Secretaría Xeral de Política Social e das Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
  • Proporciona información xeral ás demandas de información en materia de discapacidade
  • Xestiona a concertación de citas telefónicas para a valoración do grao de discapacidade

Facilita información sobre os servizos e recursos turísticos

  • Servizo de información sobre reclamacións de facturación eléctrica
  • Facilita información relativa ás reclamacións en relación ao contrato de subministración eléctrica ou ás facturacións derivadas deste

Xestiona as demandas de desprazamento efectuadas polas persoas usuarias do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes, previamente recoñecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como o tratamento adecuado da demanda, comunicación e atención coas persoas usuarias e coas empresas xestoras do servizo de transporte nas diferentes áreas operativas.

Facilita información e orientación sobre os recursos existentes para cubrir inicialmente as distintas necesidades das mulleres galegas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, dirixindo as súas demandas, se procede, ao departamento e/ou administración correspondente.

Informa as mulleres nas áreas xurídica, de emprego, de recursos sociais e de atención psicolóxica.

O servizo apoiará a derivación das mulleres vítimas de violencia de xénero aos centros de acollida existentes en Galicia, así como a outros centros do resto do territorio nacional, sempre a través das entidades derivantes que se sinalen como tales, e dentro do horario de referencia que se estableza. Igualmente, o servizo colaborará, a través do desenvolvemento das súas funcións, na prevención, detección e intervención (traslado de vítimas) en situacións de posible risco, abuso e maltrato das mulleres.

Facilita información e orientación dos recursos existentes para cubrir inicialmente as distintas necesidades dos colectivos de dependentes, persoas maiores e persoas con discapacidade, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia dirixindo as súas demandas, se procede, ao departamento e/ou administración correspondente, así como dos programas desenvoltos pola Xunta de Galicia dirixidos aos citados colectivos.

É un servizo permanente as 24 horas do día, todos os días do ano, e de carácter gratuíto. As prestacións básicas deste teléfono social son a atención personalizada, información e orientación sobre recursos sociais, intervencións en casos de risco de abandono ou de maltrato con derivación e canalización, se é o caso, aos servizos sociais correspondentes.

A “liña de axuda á infancia” é unha liña telefónica destinada a prestar atención profesional, gratuíta e confidencial, aos nenos, nenas e adolescentes, así como a adultos, en asuntos relacionados coa protección e defensa dos dereitos daqueles.
O obxecto do servizo é proporcionar:

  • Axuda aos nenos/as necesitados/as de coidados e protección, aos/ás que se lles subministrarán servizos e recursos tendentes a satisfacer as súas necesidades.
  • A oportunidade de que os/as nenos/as poidan expresar libremente as súas preocupacións, de falar sobre problemas que lles afecten directamente e de avisar a alguén que poida proporcionarlles axuda en caso de urxencia.

Facilita información sobre programas e cursos de voluntariado xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.