-
Atención á cidadanía
- Que é?
- Procedementos e trámites
-
Temas destacados
- Illas Cíes e Ons
- Praia das Catedrais
- Trens turísticos de Galicia
- Illote Areoso
- Bono deporte
- Bono coidado
- O Camiño de Santiago
- Xuntos polo Nadal
- Tarifa +65
- Carné +65
- XuntaEu
- Campamentos de verán
- Benestar en balnearios
- Bonos Activa Comercio
- Bono Social Térmico
- Outono Gastronómico
- Bono Concilia Familia
- Videointerpretación en lingua de signos
Videointerpretación en lingua de signos
A Xunta de Galicia ten dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, ao 012, a liña telefónica que canaliza todas as consultas de información xeral que a cidadanía dirixe á Administración galega.
Que é?
A Xunta de Galicia ten dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, ao 012, a liña telefónica que canaliza todas as consultas de información xeral que a cidadanía dirixe á Administración galega.
Emprego, vivenda, voluntariado, cuestións de interese para a mocidade, para as mulleres, para as persoas dependentes… desde solicitar un permiso de queima ata consultar un proceso selectivo ou unha lista de contratación.
Toda a información que pode solicitarse no 012 xa é accesible tamén para as persoas con discapacidade auditiva.
A Xunta de Galicia ten dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, ao 012, a liña telefónica que canaliza todas as consultas de información xeral que a cidadanía dirixe á Administración galega.
Emprego, vivenda, voluntariado, cuestións de interese para a mocidade, para as mulleres, para as persoas dependentes… desde solicitar un permiso de queima ata consultar un proceso selectivo ou unha lista de contratación.
Toda a información que pode solicitarse no 012 xa é accesible tamén para as persoas con discapacidade auditiva.
A prestación deste servizo por parte da Xunta de Galicia faise a través de SVIsual, un sistema de videointerpretación simultánea desenvolvido por F.CNSE para facilitarlle a este colectivo a comunicación en Lingua de Signos Española (LSE) nas oficinas e sitios web de institucións públicas e en empresas con servizos de atención ao público.
A súa aplicación ao 012 é froito dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia, e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
O servizo de videointerpretación da Xunta está dispoñible a través da rede e tamén de xeito presencial, no Rexistro Xeral da Xunta en Santiago de Compostela e nas delegacións deste na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
Aquelas persoas que desexen contactar co 012 empregando SVIsual na súa versión on-line necesitan unha cámara web e unha conexión a internet. Tamén pode consultar este directorio, no que atoparán todas as liñas que actualmente dispoñen de sistema de videointerpretación.
Ao realizar a chamada a través de SVIsual atenderalle un/unha videointérprete que, empregando unha liña paralela, contactará co operador/a do 012 para indicarlle que se vai establecer a comunicación.
A partir dese momento o/a videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, isto é, entre a persoa xorda e a persoa oínte.
Nos puntos de acceso presenciais os usuarios e usuarias terán á súa disposición un dispositivo habilitado para utilizar o servizo de videointerpretación.
Coa opción presencial, as persoas xordas non só poderán requirir a información que ofrece o 012, senón tamén calquera dos servizos que se prestan habitualmente na Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia, isto é: presentar solicitudes ou escritos, consultar procedementos administrativos (convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, oposicións...), pedir orientación e información xeral etc.
De luns a venres (non festivos) de 8:00 a 20:00 horas en días laborais
SVIsual garante a confidencialidade e a privacidade de todas as chamadas realizadas a través do servizo de videointerpretación da Xunta, xa que as conversas que teñan lugar durante a súa utilización non serán gravadas en ningún caso.
Calquera dato que o/a videointérprete poida requirir durante o proceso de comunicación coa persoa xorda só será comunicado verbalmente aos operadores do 012, non reterá nin almacenará ningún tipo de información.
Co emprego de SVIsual, as persoas xordas ou con discapacidade auditiva adquiren unha maior independencia e inmediatez nas súas relacións coa Administración, xa que non necesitan do acompañamento dun/dunha intérprete para realizar as súas xestións.
Ademais, a súa utilización non implica unha dificultade engadida no proceso de comunicación –a curva de aprendizaxe é mínima–, xa que tanto a interface como o funcionamento do sistema foron deseñados para que o seu uso sexa o máis accesible, intuitivo e sinxelo posible.
SVIsual tamén supón unha vantaxe para a propia Administración pública que, co seu uso, consegue eliminar as barreiras de comunicación entre o seu persoal e os/as cidadáns/ás con xordeira ou discapacidade auditiva, facilitando a interacción directa entre ambos colectivos, ao tempo que optimiza recursos.
Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro
- Servizos centrais da Xunta de Galicia: Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela)
- Edificio Administrativo da Coruña: Praza Luis Seoane, s/n - Monelos (A Coruña)
- Edificio Administrativo de Ferrol: Praza Camilo José Cela, s/n (Ferrol)
- Edificio Administrativo de Pontevedra: Fernández Ladreda, 43 - Campolongo (Pontevedra)
- Edificio Administrativo de Vigo: Praza da Estrela - Concepción Arenal, 8 (Vigo)
- Edificio Administrativo de Lugo: Rolda da Muralla, 70 (Lugo)
- Edificio Administrativo de Ourense: Avenida da Habana, 79 (Ourense)
Oficinas de Turismo
- Oficina de Turismo de Santiago: Rúa do Vilar, 1 - 15705 (Santiago de Compostela)
- Oficina de Turismo de Lugo: Rúa Miño, 12 baixo - 27001 (Lugo)
- Oficina de Turismo de Pontevedra: Rúa Marqués de Riestra, 30 - 36001 (Pontevedra)
- Oficina de Turismo de Vigo: Rúa Cánovas del Castillo, 22 – 36202 (Vigo)
Sergas
- Centro de especialidades e ambulatorio Concepción Arenal: Rúa de Santiago León de Caracas, 12 (Santiago de Compostela)
A través dos servizos incluídos neste directorio