- Inicio
- Atención á cidadanía
- Temas destacados
-
Bono Emancípate
- Illas Cíes e Ons
- Praia das Catedrais
- Trens turísticos de Galicia
- Illote Areoso
- O Camiño de Santiago
- Xuntos polo Nadal 2025
- Tarifa +65
- Carné +65
- XuntaEu
- Campamentos de verán
- Benestar en balnearios
- Bono Social Térmico
- Outono Gastronómico
- Vespa velutina
- Axudas para paliar os danos dos incendios forestais
- Galicia Litoral
Temas destacados
-
Temas destacados
- Illas Cíes e Ons
- Praia das Catedrais
- Trens turísticos de Galicia
- Illote Areoso
- O Camiño de Santiago
- Xuntos polo Nadal 2025
- Tarifa +65
- Carné +65
- XuntaEu
- Campamentos de verán
- Benestar en balnearios
- Bono Social Térmico
- Outono Gastronómico
- Vespa velutina
- Axudas para paliar os danos dos incendios forestais
- Galicia Litoral
Bono Emancípate
Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude que ten por obxectivo que os mozos e mozas galegos/as traballadores menores de 36 anos, conten cun incentivo económico á hora de independizarse, xa sexa nunha vivenda alugada ou en propiedade.
A ter en conta
- Prazo de presentación de solicitudes: dende as 09:00h do día 13/02/26 e ata as 20:00h do 30/04/26, salvo previo esgotamento do crédito.
- Persoas beneficiarias: mozos e mozas que teñan menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda e que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
- A contía total da axuda é de:
- 1.500 € para as persoas que soliciten a axuda na súa condición de arrendataria.
- 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade
- Tanto o contrato de alugamento como a escritura pública de compravenda, segundo o caso, teñen que ser posteriores ao 30 de abril do 2025 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.
- Trátase dunha tarxeta moedeiro virtual Bono Emancípate expedida a nome da persoa solicitante e que non poderá empregarse en compras a distancia nin ser usada máis alá do 31 de decembro de 2026.
- Onde poderá empregarse? Subvenciónase a través do Bono Emancípate, nos establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados e grandes superficies, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para os gastos incluídos na orde reguladora.