ATENCIÓN Á CIDADANÍA

981 900 643

Desde Galicia e resto de España

00 34 981 900 643

Internacional

Canle telefónica

Ademais do teléfono 012, e á parte do sistema integrado de atención á cidadanía, a Xunta de Galicia pon tamén á túa disposición os seguintes teléfonos de emerxencias

112

EMERXENCIAS

Axencia Galega de Emerxencias

061

URXENCIAS SANITARIAS

Servizo Galego de Saúde

085

INCENDIOS FORESTAIS

Descrición dos servizos da canle telefónica

O servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 (981 900 643) para chamadas realizadas desde fóra da nosa comunidade autónoma) facilita información e asesoramento sobre os servizos prestados pola nosa comunidade autónoma, permitindo a realización de trámites dun xeito sinxelo e directo.

Números de teléfono:

  • Desde Galicia: 012 - 981 900 643
  • Desde fóra de Galicia: 981 900 643
  • Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643

O horario de atención é de 8 a 20 horas, de luns a venres non festivos, excepto os servizos telefónicos correspondentes ás seguintes materias, que informarán durante os períodos que se indican (xeralmente máis amplos) tal e como se detalla:

Información ao agro galego
De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas; Sábados de 8:00 a 17:30 horas
Atención a usuarios/as do Servizo de Emprego de Galicia (demandantes e empregadores)
De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas;Sábados de 9:00 a 14:00 horas
Muller, social e liña de axuda á infancia
24 horas todos os días
Voluntariado
De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Información afectivo sexual “Quérote”
De luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas e venres de 9:00 a 14:00 horas (horario de inverno) De luns a venres de 9:00 a 14:00 (horario de verán)
Voluntariado
De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Centro de control de teleoperación que dá soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal
De 8:00 a 20:00 horas, todos os días

Tarifas

Teléfono 012:

  • Prezo de chamada ordinaria fixo-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundos
  • Prezo de chamada ordinaria móbil-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundos

O custo das chamadas ao teléfono de información 012 vén regulado pola Resolución de 21 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, pola que se atribúe o número 012 ao servizo de información das Administracións Autonómicas. De acordo coa mesma, ditouse a Resolución do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, pola que se lle dá publicidade á Resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, relativa á opción da Comunidade Autónoma galega respecto ás tarifas para os usuarios do 012.

Neste marco estableceuse que o custo da chamada ten un prezo fixo, independente do tempo de duración (equivalente a unha chamada ordinaria en territorio nacional de 160 segundos de duración), que depende de cada operador de telefonía, podendo oscilar entre 0,43 € e 0,83 € (IVE incluído).

Tendo en conta que unha parte considerable das persoas usuarias de telefonía móbil teñen contratada unha tarifa plana por chamadas a móbiles ou fixos, o emprego da liña alternativa 981 900 643 non debería supoñer un incremento na factura que xa tiña que aboar o/a usuario/a.

Atendendo aos colectivos aos que vai dirixido, os servizos telefónicos da Muller, Social, Liña de axuda á infancia, Voluntariado e Teléfono 065 son gratuítos sempre que se chame directamente ao teléfono específico do servizo.

Ademais do teléfono 012, e á parte do sistema integrado de atención á cidadanía, a Xunta de Galicia pon tamén á túa disposición os teléfonos de emerxencias que ves nesta mesma páxina (círculos na parte superior). 

Recorda que tamén podes consultar a Guía de comunicación da Xunta de Galicia.