A atención centrada nas persoas

A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon a disposición dos cidadáns e das cidadás para facilitarlles o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.

Préstase mediante o sistema integrado de atención á cidadanía da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten entre as súas principais funcións a de facilitarlle á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.

Xunto con estes instrumentos de difusión da información á cidadanía, o sistema integrado contempla tamén o procedemento para a presentación e tramitación de suxestións e queixas.

Asemade, a Xunta de Galicia promove tamén a dispoñibilidade dun servizo de videointerpretación en lingua de signos coa finalidade de garantir a atención cidadá ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

Icono de videointerpretación en lingua de signos

Videointerpretación en lingua de signos

Descrición do servizo

O sistema integrado de atención á cidadanía ten as seguintes funcións:

  • Facilitarlle á cidadanía información xeral e orientación sobre as dependencias, centros, servizos, procedementos administrativos, axudas, subvencións e calquera outra documentación necesaria para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
  • Informar sobre o estado de tramitación dos procedementos administrativos ás persoas que teñan a condición de interesadas, así como ás persoas responsables da súa tramitación e resolución.
  • Orientar, segundo a normativa vixente, sobre os requisitos técnicos e xurídicos que deban conter as solicitudes ou actuacións que a cidadanía pretende realizar.
  • Informar e orientar sobre o procedemento para o exercicio do dereito de acceso á información pública ao abeiro da lexislación vixente en materia de transparencia.
  • Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación do procedemento de presentación de suxestións e/ou queixas, así como facilitar a súa tramitación.
  • Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación electrónica dos procedementos administrativos.
  • Orientar e atender á cidadanía no exercicio dos seus dereitos e no cumprimento das súas obrigas.

O Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 (981 900 643 para chamadas realizadas desde fóra da nosa comunidade autónoma) facilita información e asesoramento sobre os servizos prestados pola nosa comunidade autónoma, permitindo a realización de trámites dun xeito sinxelo e directo.

Números de teléfono:

  • Desde Galicia: 012 - 981 900 643
  • Desde fóra de Galicia: 981 900 643
  • Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643

Correo electrónico: 012@xunta.gal

O servizo do 012 inclúe a atención á cidadanía en galego e en castelán.

Materias sobre as que se facilita información

Servizo de luns a venres (non festivos nacionais nin autonómicos), de 08:00 a 20:00 horas, e sábados (non festivos nacionais nin autonómicos), de 08:00 a 17:30 horas.

  • Información relativa á identificación de gando vacún, ovino e caprino, apicultura, letra Q e influenza aviaria
  • Trámites na Oficina Virtual de Gandería en representación das persoas gandeiras (declaración de nacementos, solicitude de duplicados de marcas de identificación, declaración de movementos de animais, declaración de censos das explotacións…)
  • Información sobre as xestións e trámites que pode realizar a cidadanía a través da Oficina Virtual do Medio Rural
  • Recepción de avisos no sistema de alerta por influenza aviaria
  • Rexistro de avisos de danos de xabarín, lobo e oso pardo
  • Recepción de comunicacións e solicitudes de autorización de queimas
  • Rexistro e información sobre avisos de niños de vespa velutina (xestión que tamén está habilitada a través de chatbot e axente virtual)
  • Rexistro de declaracións responsables para aproveitamentos madeireiros e leñosos para uso doméstico en montes ou terreos forestais de xestión privada
  • Información xeral sobre a materia
Importante
chatbot

Pode realizar a comunicación de niños de Vespa velutina a través do chat situado ao pé desta páxina, que lle irá solicitando toda a información precisa para xerar o aviso. Lembre anotar o código do aviso para comunicarse co 012 se desexa coñecer en calquera momento a situación desta comunicación. Os datos persoais que facilite serán empregados unicamente para a xestión do aviso. Poderá consultar a información básica sobre protección de datos ao entrar no chat. 

Información administrativa especializada sobre muller (900 400 273)

900 400 273 - servizo permanente as 24 horas do día, todos os días do ano e de carácter gratuíto

  • Atención ás vítimas de violencia de xénero, facilitando información sobre os recursos cos que conta o departamento competente na materia
  • Información e orientación sobre os recursos existentes para cubrir inicialmente as necesidades das mulleres no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Escoita activa coas vítimas de violencia de xénero, coa finalidade de darlle á muller o tempo preciso para explicar a súa problemática, facerse entender e asesorala sobre o recurso máis axeitado á súa situación particular, entre outros

Servizo telefónico 028 Arco da Vella, de información e atención integral en materia de LGTBI fobia

900 102338 - 028 - servizo permanente as 24 horas do día, todos os días do ano e de carácter gratuíto

  • Asesoramento emocional e psicolóxico, itinerarios individualizados de atención social, orientación laboral e educativa, información sobre servizos e recursos dispoñibles ou información e asesoramento en temas de saúde

Servizo de luns a venres (non festivos nacionais nin autonómicos), de 08:00 a 20:00 horas, e sábados (non festivos nacionais nin autonómicos), de 09:00 a 14:00 horas

  • Información xeral sobre cuestións dependentes do departamento competente na materia
  • Obtención de cita previa na rede de oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia mediante procedementos automatizados ou a través da atención telefónica
  • Renovación das demandas de emprego a través de atención automatizada
  • Información a empregadores sobre a aplicación "Contrata" así como sobre os distintos programas e axudas do departamento competente na materia

  • Información sobre os programas dirixidos á mocidade que impulsa o departamento competente na materia: carné xove, bolsas, actividades, emprego, educación, vivenda, cursos etc
  • Información e asesoramento para a xuventude a través do servizo Quérote+ nas temáticas de: sexualidade, autoestima, convivencia, uso seguro e responsable das tecnoloxías e prevención das adiccións, así como dos centros existentes destinados á xuventude

116111 - servizo permanente as 24 horas do día, todos os días do ano e de carácter gratuíto

A liña de axuda á infancia é unha liña telefónica destinada a prestar atención profesional, gratuíta e confidencial, aos nenos, nenas e adolescentes, así como a persoas adultas, en asuntos relacionados coa protección e defensa dos dereitos daqueles.

900 400 800 - servizo de luns a venres (non festivos nacionais nin autonómicos), de 08:00 a 20:00 horas e de carácter gratuíto

Información sobre programas e cursos de voluntariado xestionados polo departamento competente na materia.

900 333 666 - servizo permanente as 24 horas do día, todos os días do ano e de carácter gratuíto

  • Información e orientación sobre os recursos existentes para cubrir as necesidades dos colectivos de dependentes, persoas maiores e persoas con discapacidade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Intervencións en casos de risco de abandono ou de maltrato con derivación e canalización, se é o caso, aos servizos sociais correspondentes

  • Servizo central de chamadas
  • Competencias, estrutura, funcionamento e localización dos departamentos e unidades da administración
  • Información e asistencia na presentación de suxestións e queixas en relación co funcionamento dos servizos públicos e, en xeral, coa actuación da administración autonómica
  • Información sobre os procedementos administrativos e servizos públicos prestados pola Xunta de Galicia
  • Servizo de apoio no uso dos sistemas de cita previa da administración
  • Apoio á cidadanía e asistencia técnica no uso dos servizos de administración dixital da administración autonómica

065 - servizo 365 días ao ano, de 08:00 a 20:00 horas e de carácter gratuíto

  • Información xeral sobre o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade
  • Apoio á xestión das demandas de desprazamento realizadas polas persoas usuarias do devandito servizo que previamente fosen recoñecidas polo departamento con competencias na materia

Información sobre:

  • Todos os programas destinados a axudas ao alugueiro, adquisición ou rehabilitación de vivenda
  • O rexistro de demandantes de vivenda
  • As vivendas de promoción pública (VPP) 
  • As vivendas de protección autonómica (VPA)
  • Depósitos de fianzas
  • E calquera outro programa do departamento con competencias en vivenda

Información sobre citacións electrónicas, listas de contratación, procesos selectivos e carreira profesional do departamento con competencias en materia de emprego público e administración de persoal.

Información sobre:

  • Reclamacións en relación co contrato de subministro eléctrico e coa facturación derivada do devandito contrato
  • A axuda complementaria ao bono social da electricidade

Información e soporte á xestión da citación para:

  • A valoración na área de dependencia
  • O recoñecemento na área de discapacidade