XuntaEu
XuntaEu é unha app pensada para axudarche a relacionarte coa administración electrónica da Xunta de Galicia.
Permite, entre outros servizos:
- xestionar o teu usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou darse de baixa),
- consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica,
- consultar as túas notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos etc.,
- comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE)
- ou consultar os teus certificados ou tarxetas para que os teñas sempre a man.
XuntaEu tamén che axudará a manter os teus datos actualizados e seguros e avisarate de novidades, citas previas...
Para acceder a XuntaEu é necesario dispoñer de Chave 365, DNIe ou certificado dixital.
A ter en conta
A descarga pode facerse a través de Google Play ou App Store.
Premendo aquí tamén terás a disposición os códigos QR para a súa descarga.