Praia das Catedrais
Tempada alta
Semana Santa e do 1 de xullo ao 30 de setembro
Nesta época é preciso obter unha autorización administrativa (gratuíta).
Os pasos a seguir son:
- Solicitude da autorización: poderás xestionar a túa solicitude a través da páxina das Catedrais
- Descarga da autorización: unha vez finalizada a solicitude, amosarase na pantalla a ligazón para descargar a autorización, ademais do número de localizador. Igualmente remitiráseche a mesma información ao enderezo de correo eletrónico que indiques na solicitude.
Tempada baixa
Resto do ano
Non é precisa unha autorización administrativa.
A ter en conta
- Autorización: a reserva da túa visita poderás realizala ata con 30 días de antelación
- Máximo de autorizacións: o número máximo de prazas por solicitude é 25
- Visita guiada: poderás solicitar este servizo a través da web visita guiada xunto coa autorización ou posteriormente introducindo o teu localizador na páxina modificar visita guiada.
- Anulacións da visita guiada: poderase anular a visita guiada ata as 23:59 h do día anterior á túa visita a través da web modificar visita guiada
- Autorizacións para axencias: a través da ligazón axencias