Máis preto de ti

Dámosche a benvida ao novo servizo de atención en liña, que inclúe un buscador intelixente para facilitar e mellorar a comunicación entre a Xunta de Galicia e a cidadanía, e así poder derivar correctamente a túa petición ao equipo de resolución.

Canle en liña

Que información necesitas?

Podes escribir o motivo da tua consulta ou seleccionar un dos temas abaixo indicados

No hay coincidencias

A guía de procedementos e servizos recompila e divulga a información actualizada dos procedementos que son de interese para a cidadanía e as empresas e profesionais. Nesta sede electrónica dispón dun acceso destacado á guía de procedementos e servizos.

O rexistro electrónico está accesible durante as 24 horas do día, todos os días do ano, e réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica, considerándose inhábiles os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.

Si. Para usar o DNI electrónico (DNIe) debe dispor dun lector de tarxetas intelixentes con soporte para o DNIe conectado co seu equipo. Ademais, debe comprobar que dispón do contrasinal e comprobar que o certificado é válido e non está caducado ou non fose revogado. Pode obter máis información en https://www.dnielectronico.es/PortalDNIe/

Pode utilizar o servizo de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cunha canle electrónica específica nin cun modelo electrónico normalizado. Atopará máis información en solicitude xenérica.

Nesta páxina atopará un conxunto de modelos xenéricos que as persoas interesadas poden utilizar para anexar ás súas solicitudes ou para realizar as xestións máis habituais durante a tramitación administrativa.

Os documentos electrónicos xerados na Xunta de Galicia inclúen un código de verificación electrónica (CVE) que permite contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Xunta de Galicia.

Nesta sede electrónica dispón dunha ferramenta para comprobar a sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento.

Tras iniciar a presentación dun procedemento é necesario cubrir todos os datos do formulario da solicitude.

Unha vez que a solicitude estea correctamente cuberta, poderá avanzar no proceso de presentación accedendo á pantalla na que a sede lle permitirá achegar documentación á solicitude.

Pode encontrar máis información en "Como podo presentar unha solicitude?"
 

Se o proceso finalizou correctamente poderá descargar, no seu espazo persoal "A miña sede", tanto a solicitude asinada polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia como o xustificante de presentación que incluirá: os datos do número de entrada no rexistro, a data e hora de presentación, o destino e un resumo electrónico da solicitude e a documentación electrónica que se achegou.

Pode atopar máis información en "Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?".

Nese caso pode consultar os certificados de interrupción do servizo e os avisos da sede para comprobar se o seu caso está relacionado cunha incidencia no servizo. Se fose así, pode realizar o trámite fóra de prazo, motivando o retraso co certificado de indispoñibilidade correspondente.

No caso de non poder realizar o trámite, ou que non atope ningún aviso ou indispoñibilidade relacionado co seu caso, pode poñer unha queixa xuntando a documentación do trámite que quere realizar. A Administración determinará a admisión ou non do trámite segundo se a incidencia acontecida foi imputable á sede electrónica ou non. Pode atopar máis información na páxina de presentación de suxestións e queixas.

Cando se usa un certificado dixital ou DNIe é necesario asinar o formulario da solicitude, así como todos os documentos anexos achegados polo cidadán. Por cada documento a asinar o sistema solicita o contrasinal por motivos de seguridade.

No formulario dunha solicitude o/a titular do certificado dixital debe aparecer no apartado "Solicitante" ou ben no apartado "E na súa representación". Polo tanto, debe utilizar o botón "Volver" para acceder de novo ao formulario e actualizar a información ou ben empezar de novo o trámite identificándose co medio correspondente aos datos que figuran no formulario.

Ante incidencias técnicas no uso da sede electrónica debe contactar cos servizos de soporte no momento da incidencia. A información dos equipos de soporte atópase na páxina de axuda.

 

Borradores: terá acceso a todos os borradores que fosen creados por:

  • vostede directamente empregando o devandito certificado dixital de persoa física ou o usuario de Chave365 asociado ao seu NIF
  • outras persoas que llo compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando vostede previamente activase a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
  • as persoas as que outorgase unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).

Ver tamén Como podo ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura os meus autorizados?

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o seu NIF figure como interesado ou representante

Ver tamén:

Borradores: terá acceso a todos os borradores que fosen creados por:

  • vostede directamente empregando o devandito certificado electrónico de representante de persoa xurídica
  • outras persoas que tamén dispoñan dun certificado dixital de representante da persoa xurídica
  • outras persoas que llo compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando vostede previamente activase a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
  • as persoas ás que a persoa xurídica outorgase unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).

Ver tamén Como podo ocultar os borradores que me compartiron e/ou me puxeron para sinatura os meus autorizados?

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o seu NIF da persoa xurídica figure como interesado ou representante

Ver tamén Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?

Borradores: terá acceso a todos os borradores que:

  • foran creados pola persoa que lle outorgou a autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
  • vostede crease directamente actuando na sede como persoa autorizada da devandita persoa (física ou xurídica)
  • creasen outras persoas que tamén dispoñan dunha autorización outorgada pola mesma persoa (física ou xurídica) e actuasen no seu nome na sede (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
  • fosen compartidos coa persoa que lle outorgou a autorización (ver máis en en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)

Expedientes: accederá a todos os expedientes nos que o NIF da persoa que lle outorgou a autorización figure como interesado ou representante.

En ningún caso vostede poderá asinar e presentar solicitudes, escritos ou comunicacións no rexistro electrónico.

Para solicitar Chave365 é imprescindible dispoñer dun número de teléfono móbil, no que se recibirá a clave de acceso provisional e as claves de sinatura de cada operación.

Na solicitude de alta a través da sede electrónica da Xunta de Galicia é preciso que o usuario dispoña dun DNI electrónico ou un certificado dixital recoñecido pola sede instalado no seu navegador.

Para a solicitude presencial, é necesario que a persoa interesada acuda persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365 e acredite a súa identidade mostrando o seu DNI ou NIE orixinais, válidos e vixentes. 

Para as persoas estranxeiras, a identificación farase mediante:

  • a) TIE (tarxeta de identificación de persoas estranxeiras)
  • b) Tarxeta vermella (asilo), certificado de rexistro de cidadáns da UE ou documento oficial de concesión do NIE xunto co seu pasaporte).

Chave365 poderá ser utilizado polas persoas maiores de idade ou menores emancipados. A situación de menor emancipado acreditarase cunha certificación do Rexistro Civil que recolla esa circunstancia.

Se dispón de DNI electrónico ou certificado dixital instalado no navegador, pode solicitar a alta directamente desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se quere facelo presencialmente, pode dirixirse a calquera dos órganos de rexistro habilitados ao efecto. Consulte aquí a relación de lugares nos que se pode solicitar.

Como norma xeral non. Só poderán obter Chave365 as persoas menores de idade que estean emancipadas, previa acreditación cunha certificación do Rexistro Civil que recolla esa circunstancia.

Si, sempre que se trate dun poder notarial orixinal xeral ou específico para a emisión de Chave365.

Non poderá solicitarse a alta en Chave365 en nome doutra persoa mediante unha simple autorización, salvo que se achegue a lexitimación notarial da sinatura.

Non. O sistema só está dispoñible para persoas físicas, sen prexuízo do seu uso por parte de representantes ou apoderados debidamente autorizados para estes efectos.

O usuario de Chave365 ten unha validez de 4 anos desde a súa alta no sistema. Transcorrido ese período, prodúcese a caducidade desa conta de usuario.

Para evitar esta caducidade deberá solicitar a renovación do seu usuario, que poderá facer:

Lembre que, trala súa solicitude, recibirá un SMS no seu teléfono informándolle que o seu usuario foi renovado correctamente.

Se o seu usuario caducou, foi dado de baixa do servizo de Chave365 de xeito automático.

Se vostede quere empregar novamente o servizo de Chave365 deberá darse de alta outra vez no devandito servizo. Poderá facelo:

A solicitude de renovación poderá facela desde o formulario PR001A nos 60 días antes da caducidade do seu usuario de Chave365.

Neste período poderá solicitar a renovación:

Lembre que, trala súa solicitude, recibirá un SMS no seu teléfono informándolle que o seu usuario foi renovado correctamente.

Para acceder ao espazo onde pode consultar cando caduca o seu usuario de Chave365 entre en "A miña sede" empregando Chave365 ou un certificado dixital ou DNI-e ou Cl@ve.

Unha vez dentro prema na opción "Os meus datos" do menú. Nela atopará un novo acceso a Chave356, prema nel.

Desde a pantalla de Chave365 vostede pode consultar os seus datos no sistema Chave365, por exemplo: 

  • Os datos de validez e renovación do seu usuario e clave de Chave365
  • A información de cando foi cambiada por última vez a súa clave de acceso, recordándolle que debe renovala unha vez ao ano e sinalándolle como pode facelo

Se dispón do seu teléfono móbil, acceda ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia e prema en “Esquecín a miña clave de acceso” no apartado de Chave365:

  1. Deberá indicar o seu DNI e número de teléfono.
  2. Se coinciden cos datos proporcionados na alta de Chave365, recibirá un SMS no teléfono cun código de validación dun só uso e que expira en 5 minutos.
  3. A continuación, terá a posibilidade de introducir unha nova clave, confirmándoa no apartado seguinte e escribindo o código de validación recibido no seu teléfono.

Con isto, unha vez modificada, xa disporía dunha nova clave.

No caso que non poida recuperar a clave mediante o teléfono e teña certificado dixital ou DNIe, pode acceder ao apartado "A miña sede":

  1. Escolla a opción de “Identificarse con certificado ou DNI-e”.
  2. Unha vez dentro, na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos".
  3. En "Os meus datos" poderá acceder ao apartado Chave365.
  4. Na parte inferior da páxina atopará unha ligazón coa epígrafe “Se esqueceu a súa clave ou quere desbloquear o seu usuario, prema aquí".
  5. Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.

Se non ten certificado dixital ou DNIe nin pode recordar a clave empregando o seu teléfono móbil, ofrecémoslle 2 opcións:

  1. Empregar o formulario de Asistente en liña de eServizos, onde se solicitará unha serie de datos co fin de contactar no horario especificado (de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, excepto festivos) mediante videochamada; na videochamada, na que se verifica a identidade da persoa, procederase a realizar a rexeneración da súa clave de Chave365.
  2. Dirixirse persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios/as de Chave365.

 

A clave de Chave365 ten unha validez dun ano, sendo necesario que se cambie polo menos unha vez ao ano. O sistema envía o SMS cando a clave está a piques de caducar, polo que deberá cambiala o antes posible.

Para cambiala, acceda, co usuario de Chave365, certificado dixital ou DNIe, ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia:

  1. Na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos".
  2. No apartado Chave365 poderá cambiar a súa clave de acceso.

No caso de que non recorde a clave, poderá seguir os pasos indicados no anterior punto “Esquecín a miña clave de acceso. Que debo facer?”.

 

A clave de acceso ten que modificarse como mínimo 1 vez ao ano, para ofrecer as garantías de seguridade axeitadas. Se transcurrido 1 ano vostede non cambiou a súa clave de acceso, dispón de 5 intentos para facer o cambio segundo o comentado no anterior punto "Recibín un SMS indicando que é necesario cambiar a miña clave de acceso anualmente. Que debo facer?".

Lembre que unha vez consumidos eses 5 intentos, non se permitirá o acceso e deberá cambiar a súa clave por unha das seguintes canles:

1. Dende a “A miña sede":

a) Se dispón do seu teléfono móbil, prema en “Esquecín a miña clave de acceso” no apartado de Chave365:

  • Deberá indicar o seu DNI e número de teléfono.
  • Se coinciden cos datos proporcionados na alta de Chave365, recibirá un SMS ao teléfono cun código de validación dun só uso e que expira en 5 minutos.
  • A continuación, terá a posibilidade de introducir unha nova clave, confirmándoa no apartado seguinte e escribindo o código de validación recibido no seu teléfono.

b) Certificado dixital ou DNIe:

  • Escolla a opción de “Identificarse con certificado ou DNI-e”.
  • Unha vez dentro, na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos".
  • En "Os meus datos" poderá acceder ao apartado Chave365.
  • Na parte inferior da páxina atopará unha ligazón coa epígrafe “Se esqueceu a súa clave ou quere desbloquear o seu usuario, prema aquí".
  • Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.

2. Empregando o formulario de Asistente en liña de eServizos, onde se solicitará unha serie de datos co fin de contactar no horario especificado (de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, excepto festivos) mediante videochamada; na videochamada, na que se verifica a identidade da persoa, procederase a realizar a rexeneración da súa clave de Chave365.

3. Dirixirse persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios/as de Chave365.

 

Para acceder ao espazo onde pode consultar os datos de caducidade da súa clave de Chave365 entre en "A miña sede" empregando Chave365 ou un certificado dixital ou DNI-e ou Cl@ve.

Unha vez dentro prema na opción "Os meus datos" do menú. Nela atopará un novo acceso a Chave365, prema nel.

Desde a pantalla de Chave365 vostede pode consultar os seus datos no sistema Chave365, por exemplo: 

  • Os datos de validez e renovación do seu usuario e clave de Chave365.
  • A información de cando foi cambiada por última vez a súa clave de acceso, recordándolle que debe renovala unha vez ao ano e sinalándolle como pode facelo.

Se dispón certificado dixital ou DNIe, pode acceder ao apartado "A miña sede":

  1. Escolla a opción de “Identificarse con certificado ou DNI-e”.
  2. Unha vez dentro, na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos".
  3. En "Os meus datos" poderá acceder ao apartado Chave365.
  4. Na parte inferior da páxina atopará unha ligazón coa epígrafe “Se esqueceu a súa clave ou quere desbloquear o seu usuario, prema aquí".
  5. Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.

Se non ten certificado Dixital ou DNIe nin pode recordar a clave empregando o seu teléfono móbil, ofrecémoslle 2 opcións:

  1. Empregar o formulario de Asistente en liña de eServizos, onde se solicitará unha serie de datos co fin de contactar no horario especificado (de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, excepto festivos) mediante videochamada; na videochamada, na que se verifica a identidade da persoa, procederase a realizar a rexeneración da súa clave de Chave365.
  2. Dirixirse persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios/as de Chave365.

Si, pode darse de baixa do sistema Chave365 en calquera momento. Pode facelo electronicamente accedendo á sede electrónica, no apartado "Os meus datos" e premendo en Chave365 e en "Dárse de baixa" ou empregando o formulario “Baixa en Chave365” dispoñible na sede electrónica, ou dirixirse persoalmente a calquera dos órganos ou unidades administrativas que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

En todo caso, a baixa prodúcese de maneira automática ao pasar catro anos desde a alta.

Unha vez que o usuario está dado de alta, para operar con Chave365 só necesita ter a man o teléfono móbil que asociou ao seu NIF no formulario de alta. No momento de asinar unha operación recibirá unha mensaxe cunha clave de sinatura. Esa clave é para un só uso: serve para o procedemento para o que o solicitou e só se pode usar unha vez, nun prazo de tempo de 24 horas. Pasado este tempo, poderá solicitar unha clave nova.

Se non recibe no seu móbil a mensaxe coa clave de sinatura en poucos minutos, pode solicitar o reenvío da mensaxe seguindo as instrucións que aparecerán na propia pantalla da sede electrónica onde deberá introducir a clave de sinatura.

Se esgotados os reintentos segue sen recibir a clave de sinatura, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 para a súa revisión.

En caso de que a mensaxe fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal. No estranxeiro e en función da súa configuración de roaming poida que non reciba mensaxes SMS no móbil.

Si, pode presentar unha solicitude en nome doutra persoa sempre que achegue coa presentación unha autorización, poder ou calquera outro documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito. Na sede electrónica dispón dun modelo de documento acreditativo de representación.

Se non recibe a mensaxe no móbil coa clave de acceso provisional en poucos minutos, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 ou de Soporte Técnico de eServizos para confirmar que lle foi enviada. En caso de que fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal.

Como medida de seguridade para evitar o acceso de terceiros non autorizados, o sistema bloquea o usuario de Chave365 nos seguintes casos:

  • Ao introducir ata en 6 ocasións consecutivas o usuario ou a clave equivocados para identificarse.
  • Ao introducir ata en 3 ocasións consecutivas a clave de sinatura nun proceso de sinatura.

Para desbloquear o seu usuario deberá facelo por unha das seguintes canles:

Se perdeu o móbil e quere evitar que alguén poida usalo para identificarse no seu nome na sede electrónica a través de Chave365, debe chamar o antes posible ao 012 e solicitar que se bloquee o seu usuario. No 012 realizaranlle unha serie de preguntas para confirmar a súa identidade.

Para poder facer a presentación vía telemática é preciso que teña instalado no navegador empregado un certificado dixital válido e en vigor ou un DNI electrónico co correspondente lector de tarxetas; en caso contrario terá que optar pola solicitude presencial nos lugares habilitados.

Para poder modificar ese dato terá que acudir de maneira presencial aos lugares habilitados para a xestión de Chave365 ou, como alternativa, se ten certificado dixital ou DNI electrónico pode proceder a dar de baixa o seu usuario e volver a xestionar de novo a alta cos datos correctos.

Lembrámoslle que se introduce tres veces consecutivas a clave de firma e lle xera erro o usuario bloquéase. Como recomendación, podería iniciar a tramitación de novo tentando o proceso de sinatura sobre ese novo borrador.

No propio formulario figuran as indicacións para solicitar de novo o envío de dita clave. Lembrámoslle que terá ata tres intentos de envío sobre ese mesmo borrador. Superados os intentos, ou ben agarda 24 horas ou ben inicia un novo borrador e tenta a firma sobre ese.

Se non pode acceder a É-Saúde empregando as claves de Chave365, probe a acceder á sede electrónica con Chave365. No caso de que non obteña erro, debe verificar co seu centro de saúde que teña activo o acceso a eSaude. Recorde que tamén pode acceder a eSaude co certificado dixital ou co DNIe.

A expresión “sistema selectivo” refírese ao tipo de probas nas que os/as aspirantes deberán participar para o ingreso no grupo do que se trate, segundo se trate de probas de capacidade, de valoración de méritos ou da combinación de ambas.

Así, distínguense os seguintes sistemas selectivos:

  • Oposición: consiste na superación das probas teóricas ou prácticas que se describan na convocatoria correspondente, así como, de ser o caso, na superación dun curso selectivo de formación ou período de prácticas.
  • Concurso-oposición: consiste na superación das probas correspondentes e, no seu caso, do curso selectivo de formación ou período de prácticas, así como na valoración de determinadas condicións de formación, méritos o niveis de experiencia que se especifiquen na convocatoria correspondente.
  • Concurso de méritos: consiste na valoración unicamente dos méritos que se sinalen na convocatoria. Trátase dun sistema excepcional de acceso para postos singulares en atención á natureza das funcións a desempeñar.

Consulte a “Oferta de Emprego Público” para coñecer aqueles procesos selectivos que foron convocados ou o serán no futuro.

Se está inscrito/a e o que quere é saber a situación do proceso, acceda á páxina de novidades e consultas para ver todos os detalles.

A denominada  “Oferta de Emprego Público” recolle todos os grupos e subgrupos de persoal funcionario e laboral que serán obxecto de convocatoria e o número de prazas vacantes que se ofertarán para cada un deles.

Os diferentes requisitos de nacionalidade, capacidade funcional, idade, habilitación e titulación que deben cumprir todas as persoas que aspiren a participar no proceso selectivo aparecen recollidos e descritos na súa correspondente convocatoria.

As persoas candidatas que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír e/ou cumprir, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

Nacionalidade
  • Española
  • Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea
  • Ser nacional dalgún Estado onde sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as
  • Independentemente da súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/las e dos/as nacionais dalgún dos Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente Tratado, o/a cónxuxe dos/as nacionais dalgún Estado nos cales sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito
  • Así mesmo, e coas mesmas condicións que os/as cónxuxes, poderán participar os/as descendentes e os/as do/a seu/súa cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas
Nas convocatorias de procesos selectivos para acceder á condición de persoal laboral poderán participar aquelas persoas que, non estando incluídas nos parágrafos anteriores, se encontren en España en situación legal, sendo titulares dun documento que as habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. En consecuencia, poderá participar quen se encontre en situación de residencia temporal, quen se encontre en situación de residencia permanente, quen se encontre en situación para residir e traballar, así como as persoas refuxiadas.
 
Idade
Ter 16 anos e non ter acadada a idade de xubilación forzosa ou a idade máxima que se estableza na propia convocatoria do proceso selectivo.
 
Titulación
Deberase posuír a titulación establecida nas bases da convocatoria.
 
Para o caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, un documento que acredite, de maneira que faga fe, a súa homologación. 
 
 
Compatibilidade funcional
Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
 
Habilitación
Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas. Non estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio das funcións públicas. Non pertencer ao mesmo corpo ou escala a cuxas probas selectivas se presenta.
 
 

No caso de optar ao ingreso nun subgrupo de persoal funcionario da Administración xeral, os/as aspirantes deberán posuír as titulacións recollidas no artigo 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) e ter en conta o disposto na Disposición Transitoria Terceira da mesma norma. No suposto de optar ao ingreso nalgunha das escalas de persoal funcionario que integran a Administración especial, os/as aspirantes deberán posuír as concretas titulacións recollidas nas leis polas que se crearon.

Nos procesos selectivos correspondentes ao persoal laboral, os/as aspirantes deberán cumprir os requisitos sinalados no V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia ou, para determinadas categorías, os que se sinalen nas súas respectivas convocatorias.

A solicitude que se debe cubrir, o prazo para facelo e a documentación que, en caso de seren necesario, se debe presentar descríbese en cada orde de convocatoria.

As convocatorias recollen dous tipos de adaptacións que os/as aspirantes poden solicitar segundo as circunstancias nas que se atopen.

  • As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poden poñelo en coñecemento do tribunal, que decidirá, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente.
  • Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poden solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.

Unha porcentaxe non inferior ao sete por cento das prazas convocadas reservarase para ser cubertas por persoas con discapacidade, sempre que superen as probas selectivas e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións. 

  • Que polo menos o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
  • Que o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
A reserva farase sobre o número total das prazas incluídas na respectiva oferta de emprego público. 
 
As ofertas de emprego público poden prever que as prazas reservadas para persoas con discapacidade se convoquen conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes, garantíndose, en todo caso, o carácter individual dos procesos selectivos. 
 
A petición de adaptación de tempo e/ou medios deberase facer constar na propia solicitude.
 
A participación no proceso a través desta cota permite tamén que os/as aspirantes que o superen poidan solicitar, baseándose nun informe técnico, unha alteración da orde de prelación acadada que lles permita optar a un posto axustado ás súas necesidades.

Para ser admitidos/as nos procesos selectivos, os/as aspirantes deben aboar unha taxa en concepto de dereitos de exame, tal e como establece a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma.

A contía que se debe ingresar, que varía en función do grupo ao que se opte, debe ser a que estea vixente no momento de presentar a solicitude e que consta no mesmo impreso que se facilita como modelo en cada convocatoria.

Non obstante, a propia lei recolle as seguintes excepcións que se reproducen nas convocatorias dos procesos:

  • Desempregados/as cun mínimo de antigüidade de 180 días e que non cobren prestación ou subsidio por desemprego
  • Membros de familias numerosas de categoría xeral: 50% de desconto
  • Membros de familias numerosas de categoría especial: exentos de todo o importe
  • Persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: exentas de todo o importe
  • Persoas vítimas de terrorismo: exentas de todo o importe

 

Si, ten dereito á redución da taxa nun 50%, xa que non está a percibir unha prestación ou subsidio como desempregado/a.

Coa publicación no DOG das listaxes provisionais ábrese un prazo de 10 días hábiles para emendar os erros que o/a aspirante puidera cometer na súa solicitude ou aqueles casos nos que a persoa aspirante non apareza nin na listaxe de admitidos/as nin na de excluídos/as.

Este tipo de subsanación abranguería unicamente os defectos formais que se cometeran dentro da mesma solicitude, pero non o cambio a outra solicitude ou a ausencia de pagamento do importe establecido en concepto de dereitos de exame.

Unha vez examinadas as alegacións que os/as aspirantes presenten para arranxar os erros das súas solicitudes, o órgano competente aproba e publica unha listaxe xa definitiva dos/as admitidos/as e dos/as excluídos/as nunha resolución pola que se consideran todas elas respondidas.

Igual que no caso das listaxes provisionais, a publicación das definitivas realízase a título informativo na páxina web da Xunta de Galicia e, en todo caso, no DOG.

Si. Pode cambiarse o idioma elixido simplemente presentando un escrito pedindo o cambio. Este poderase facer ao longo do proceso, pero sempre antes da resolución pola que se aproban as listas definitivas de admitidos/as.

O escrito deberá ir dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

Si, pode cambiar a quenda elixida simplemente presentando un escrito pedindo o cambio. Este poderase facer antes de que se publiquen as listaxes provisionais de admitidos/as ao proceso selectivo de que se trate.

O escrito deberá ir dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

Non. A tarxeta de demandante de emprego non é un documento válido para acreditar a súa situación actual como demandante de emprego e, por tanto, non é admisible.

Unha vez recibidas e examinadas todas as solicitudes dos/as aspirantes, o órgano competente aproba e publica unha listaxe provisional dos/as admitidos/as e dos/as excluídos/as, indicando a causa que motivou esta última situación.

A devandita publicación realízase a título informativo na páxina web da Xunta de Galicia e, en todo caso, no DOG.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a discapacidade alegada.

Unha vez realizadas todas as comprobacións sinaladas aínda poden ser outros os motivos polos que a persoa aspirante pode quedar excluída. Non obstante, os máis frecuentes son: 

  • Non aparece no sistema electrónico
  • A persoa solicitante ten unha incapacidade permanente recoñecida pola Seguridade Social
  • O recoñecemento da discapacidade realizouse noutra comunidade autónoma
  • O sistema identificou que a discapacidade recoñecida é inferior ao 33%

A discapacidade só se pode acreditar mediante certificación ou resolución expedida polo órgano competente. Por tanto, só serán admisibles:

  • Certificado de discapacidade emitido pola Seguridade Social
  • Certificado de discapacidade emitido pola autoridade competente de cada comunidade autónoma
  • Tarxeta identificativa da discapacidade emitida pola consellería competente na materia da Xunta de Galicia

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a situación de desemprego alegada.

Son moitos os motivos polos que a persoa aspirante pode quedar excluída. Non obstante, os máis frecuentes son os seguintes:

  • Non aparece no sistema electrónico
  • A persoa solicitante aparece co seu número de identificación duplicado
  • O recoñecemento da situación como desempregado/a realizouse noutra comunidade autónoma
  • A persoa solicitante non leva polo menos 180 días (6 meses) rexistrado/a como demandante de emprego
  • A persoa solicitante percibe unha prestación ou subsidios por desemprego

A situación de desemprego, segundo dispón a propia convocatoria, esixe a acreditación de dous extremos:

  • Certificado de estar rexistrado/a como demandante de emprego, no que se indique o último período como demandante de emprego ata a data da súa emisión. Este certificado expídese pola oficinas de emprego.
  • Certificado de non percibir unha prestación ou subsidio por desemprego o día da presentación da solicitude. Este certificado expídese polo Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE-INEM). Tamén se poderá obter electronicamente na páxina web dese organimo na seguinte ligazón.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a situación de familia numerosa alegada.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos do Ministerio de Educación do Goberno de España con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a titulación esixida na convocatoria do proceso selectivo.

A titulación só se pode acreditar mediante certificación expedida polo órgano competente en materia de educación. Por tanto, só serán admisibles:

  • Título orixinal dos estudos realizados
  • Certificado da titulación universitaria expedida pola autoridade educativa competente, que tamén poderá obterse electronicamente na páxina web do Ministerio de Educación, nesta ligazón.


 

Os tribunais regulan o seu funcionamento segundo as instrucións seguintes: 

A orde pola que se convoca o proceso selectivo inclúe de ordinario unha data antes da cal non terá lugar o primeiro dos exercicios para permitir que os/as aspirantes coñezan dende o inicio o tempo mínimo do que disporán para a súa preparación.

Unha vez nomeado o tribunal do proceso, a Dirección Xeral da Función Pública publica unha previsión da data na que poderá ter lugar o exercicio e ábrese un prazo de 15 días para a realización da sesión constitutiva do devandito órgano.

A partir da data de realización da sesión constitutiva do tribunal, que se publica tamén na páxina web da Xunta de Galicia, comeza o prazo máximo de 40 días hábiles que a propia convocatoria determina para a realización do primeiro exercicio. O acordo do tribunal determina a data, a hora e o lugar concretos do exercicio.

O anuncio dos sucesivos exercicios debe realizarse cunha antelación mínima de 24 horas con respecto ao seu comezo, se ben a Dirección Xeral procura anunciar cunha marxe maior unha previsión sobre as datas nas que poderían ter lugar.

 

O comezo do proceso selectivo propiamente dito vén marcado pola publicación no DOG da súa orde de convocatoria.

Esta orde contén a regulación do proceso selectivo.

O chamamento para acceder ao recinto onde se realiza o exercicio comeza á hora concreta sinalada polo tribunal na resolución correspondente.

En función do número de aspirantes admitidos/as ao exercicio, o chamamento pode ter lugar simultaneamente a través de distintas portas de acceso, en cuxo caso sinálase no recinto que marxe de apelidos abrangue cada unha delas.

Cada aspirante debe presentarse ao ser chamado/a e amosar o seu DNI ou o documento que acredite suficientemente a súa identidade. Ademais, debe ter en conta que non se lle permitirá acceder con teléfono móbil ou calquera outro tipo de aparello electrónico e que non haberá á súa disposición ningún tipo de servizo de recollida ou depósito para eles.

Unha vez dentro do recinto, os/as aspirantes reciben unha serie de instrucións que deben seguir para desenvolver o exercicio e que varían segundo o tipo do que se trate.

Os resultados dos exercicios son publicados polo tribunal do proceso, unha vez examinadas as reclamacións que os/as aspirantes puideran presentar nos días seguintes á súa realización, na páxina web da Xunta de Galicia. No suposto dos cuestionarios tipo test, a folla coas respostas consideradas correctas faise pública ao seu remate na páxina web corporativa.

A composición do órgano de selección encargado de xulgar o proceso selectivo, axustada ao disposto no artigo 60 do EBEP, é obxecto de publicación no DOG.

En todo caso, os membros do devandito órgano non poderán ter unha titulación inferior á esixida para a admisión nas probas.

 

A convocatoria do proceso selectivo describe, na base dedicada á fase de concurso, os méritos concretos que o tribunal poderá valorar aos/ás aspirantes e describe ou remite a unha resolución independente a descrición do procedemento que deberán seguir para acreditalos e os documentos concretos que teñen que presentar para xustificalos.

Unha vez examinados todos os documentos acreditativos dos méritos que presenten os/as aspirantes, o tribunal do proceso publica unha listaxe coa puntuación outorgada a cada un/unha.

Coa publicación no DOG da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo ábrese un prazo de 20 días naturais para que todos/as presenten os documentos que sinala a convocatoria como xustificativos do cumprimento dos requisitos do proceso.

Unha vez transcorrido o devandito prazo e examinada a documentación presentada, os/as aspirantes son convocados/as, a través dun acordo ou resolución que se publica no DOG, e que inclúe unha relación dos postos de traballo ofertados e das súas características, a un acto público de elección, no que serán chamados/as por orde segundo a puntuación acadada no proceso selectivo.

Con carácter xeral, o prazo de inscrición estará aberto entre os días 1 de marzo e o 30 de abril de cada ano. 

As persoas que desexen incluírse nas listas poderán formular as súas solicitudes dentro do prazo establecido e deberán cumprir os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do idioma galego e os demais que, para cada caso, estableza a correspondente resolución de apertura da lista).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Acceder

Dentro do prazo establecido as persoas interesadas poden inscribirse en calquera das listas que figuren abertas. Pode consultarse a relación de listas abertas premendo nesta ligazón.

As listas que se atopen saturadas porque haxa un excesivo número de persoas inscritas ou non se produzan contratacións ou nomeamentos estarán pechadas. Nas listas pechadas unicamente poderán inscribirse, dentro do prazo establecido, as persoas interesadas que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a ese corpo, escala, especialidade ou categoría.

Nesta ligazón pode consultar as categorías profesionais equivalentes aos corpos e escalas de persoal funcionario para os efectos do disposto no apartado 4 da Resolución do 21/02/2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 42 do 01/03/2023), pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

A delimitación territorial por ámbitos é propia para cada lista e pode comprender o territorio autonómico, servizos centrais, servizos provinciais ou agrupación de municipios.

As persoas interesadas deberán facer constar ata un máximo de oito ámbitos, segundo o disposto para cada corpo, escala, especialidade ou categoría en que soliciten inscribirse.

No apartado consulta das listas atopará a información administrativa de cada unha das listas que inclúe a información dos ámbitos.

No baremo das listas valóranse as probas superadas no último proceso selectivo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o grupo, escala, especialidade ou categoría; os servizos prestados na mesma categoría, corpo ou escala na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou, en determinados casos, en entidades públicas instrumentais e os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia. Estes méritos puntuaranse de oficio.

Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización anualmente, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións.

As persoas integrantes das listas correspondentes a categorías de persoal laboral dos servizos de defensa contra incendios forestais  poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro acreditando os servizos prestados nos concellos e mancomunidades na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables.

A puntuación por probas superadas do último proceso selectivo actualizarase o día da publicación do acto de elección de destino do persoal de novo ingreso no DOG.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica ao igual que a documentación preceptiva. 

Opcionalmente, poderánse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Acceder

A Administración consultará automaticamente os seguintes documentos, agás que as persoas se opoñan á súa consulta. Neste último caso deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

  • DNI/NIE.
  • Título/s oficial/oficiais non universitario/s
  • Título/s oficial/oficiais universitario/s
  • Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; Celga 3 ou equivalente nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, Celga 2 ou equivalente para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
  • Certificación de empadroamento, para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra b), do Decreto 37/2006,
  • Coñecemento do terreo, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando as persoas interesadas fagan constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
  • b) Certificado de familia numerosa de carácter especial ou xeral, ou carné familiar en que conste o dito carácter, para a acreditación da exención do importe total da taxa ou do 50 %, respectivamente.
  • c) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde polo menos seis meses antes da data da publicación da convocatoria no DOG (isto é, desde polo menos o 1 de setembro do 2022) , para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito establecido na alínea d).
  • d) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito previsto na alínea c).

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • a) No suposto de non ter nacionalidade española, documentación acreditativa de ter residencia legal en España, para a inclusión nas listas de persoal laboral temporal, e pasaporte e/ou documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulador do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados, para a inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario.
  • b) Titulación ou formación NON ACADÉMICA exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, documentación acreditativa dos requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas ou, se é o caso, dos establecidos nas resolucións de aperturas de listas que non figuren entre os que serán consultados se non consta oposición da persoa interesada.
  • c) Certificado ou documento equivalente ao Celga 4 nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; ao Celga 3 nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, ao Celga 2 para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, NON expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
  • d) Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas por dereitos de inscrición ou, se é o caso, documentación xustificativa para a exención, total ou parcial, do pagamento das taxas (código da taxa 05/13/07/300301). Unicamente deberá achegarse no caso de que a solicitude se presente presencialmente.
  • e) Para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra a), ordinal 2º, do Decreto 37/2006, servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, certificación de servizos prestados segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, debidamente cuberta, polo persoal funcionario que se determina no citado anexo.
  • f) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % NON expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
  • g) Sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de Vítimas do terrorismo, para a acreditación da exención do importe parcial da taxa (50%). 

As listas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro. Unha vez revisadas e baremadas as solicitudes, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución da lista provisional de persoas admitidas e excluídas que presentaron solicitude. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles para presentar alegacións.

Unha vez vistas as alegacións presentadas á lista provisional, publicaranse do mesmo xeito as listas definitivas das persoas admitidas e excluídas, entrando en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación. A partir desa data, as listas entrarán en xestión e as persoas definitivamente admitidas figurarán dispoñibles para ser chamadas, salvo que se atopen en suspensión de chamamentos.

Poderá consultar estes listaxes aquí:

Acceder

A orde de prelación das persoas integrantes das listas vén dada pola puntuación do baremo e a aplicación dos criterios de desempate, figurando cunha posición en cada un dos ámbitos, segundo a súa puntuación e a puntuación das persoas inscritas no mesmo ámbito, que se atopen dispoñibles para ser chamadas.

Aquelas persoas que estean prestando servizos como consecuencia dun chamamento efectuado polas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo,  atópanse en suspensión de chamamentos de oficio en todas as listas, e polo tanto, sen posición para postos non vacantes. Non obstante, poden ter posición para postos vacantes da mesma categoría, corpo, escala ou especialidade ou postos vacantes doutras categorías corpos, escalas ou especialidades en aplicación do artigo 15.1 (mellora).

As persoas integrantes das listas poderán consultar a súa posición na orde de prelación das listas nesta ligazón:

Acceder

Unha vez publicadas as listas provisionais das solicitudes de inclusión ou, no seu caso, as listas provisionais da actualización de méritos, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

As persoas que solicitaron a inclusión electronicamente a través de https://fides.xunta.gal deberán acceder a Fides e realizar as alegacións que consideren oportunas, permitindo Fides xerar un documento para remitir a través dun rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa copia auténtica ou non fora posible comprobala automaticamente. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática para as solicitudes que se presentaron a través de Fides.

Acceder

Aquelas persoas que están prestando servizos como consecuencia dun chamamento efectuado polas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, atópanse en suspensión de chamamentos de oficio en todas as listas, polo que non terán orde de chamamentos, con dúas excepcións:

  • Estas persoas terán a posibilidade de que se lles oferte prestar servizos nunha vacante da mesma categoría, corpo, escala ou especialidade na que prestan servizos.
  • Tamén poderá ofertárselles prestar servizos nunha vacante doutra categoría, corpo, escala ou especialidade distinta á aquela na que está prestando servizos.

Estas opcións non volverán ser ofertadas ata pasados 4 anos, tanto se aceptan o posto como se non.

O cambio de posto que implican estas opcións é voluntario. A persoa pode elixir manter o posto que desempeña ou aceptar o novo posto vacante que se lle oferta. Non obstante, se a persoa acepta o novo posto vacante terá que incorporarse a este, xa que a aceptación implica a renuncia do que estaba a ocupar.

O aquí establecido aplícase unicamente cando a persoa está a prestar servizos. Cando non desempeñe ningún posto polas listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, terá orde de chamamentos tanto para postos non vacantes como para postos vacantes.

A partir da publicación das listas provisionais, as persoas integrantes das listas que NON se encontren prestando servizos a través das listas elaboradas en aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, poden solicitar electronicamente a suspensión das citacións. Esta solicitude terá efectos en todas as listas a partir do día seguinte ao da súa presentación e se manterá en tanto a persoa interesada non presente a solicitude de reincorporación.

As citas xeradas antes de facerse efectiva a suspensión deberán ser atendidas.

Durante o ano 2024, en aplicación da disposición adicional primeira da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246 do 29 de decembro), a solicitude de reincorporación aos chamamentos producirá efectos ao día seguinte ao da súa presentación.

Acceder

As persoas integrantes dunha lista que non aceptasen ou rexeitasen os postos ofertados a que están obrigadas, non se presentasen no posto de traballo previsto na credencial no prazo indicado ou renunciasen a un posto para o que foron seleccionadas quedarán excluídas dos chamamentos durante un ano, que se contará desde a data do feito causante da exclusión. Este período está reducido a seis meses durante o ano 2024 por aplicación da disposición adicional primeira da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246 do 29 de decembro).

Hai determinados casos exceptuados da penalización, como a renuncia derivada de forza maior apreciada pola Comisión Permanete,  a renuncia a un posto para desempeñar outro vacante nos supostos previstos no artigo 15.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo….

Entre as excepcións á penalización tamén se atopa a renuncia a un posto con xornada igual ou inferior ao setenta por cento da xornada ordinaria ou a un posto de carácter descontinuo cun período de actividade igual ou inferior a seis meses. Neste último caso, a persoa poderá renunciar ao posto, sen penalización, unha vez que transcorran seis meses desde a data do inicio de prestación de servizos que figura no contrato e sempre que preavise con quince días hábiles de antelación á data de efectos da renuncia ao servizo de persoal correspondente.

Ante a Comisión Permanente.

A Comisión Permanente é o órgano colexiado encargado da elaboración e do control do funcionamento das listas. As competencias da Comisión Permanente son: elaborar as listas e realizar as súas actualizacións, resolver as cuestións derivadas da interpretación do decreto vixente, adoptar cantos acordos e decisións esixa a xestión correcta das listas e resolver as solicitudes e reclamacións presentadas en relación co funcionamento e xestión das listas, así coma ser informada sobre a incorporación de entes instrumentais do sector público autonómico ao sistema de xestión das listas.

Con carácter xeral a renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo implica a exclusión dos chamamentos por un ano. No ano 2024 a exclusión será de seis meses por aplicación da disposición adicional primeira da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246 do 29 de decembro).

Exceptúase deste criterio a renuncia a un posto de traballo reservado a persoal laboral con xornada igual ou inferior ao 70% da xornada ordinaria ou a un posto de carácter descontinuo cun período de actividade igual ou inferior a seis meses, unha vez transcorridos seis meses dende a data de inicio da prestación de servizos que figura no contrato e previo preaviso da persoa traballadora con quince días hábiles de antelación á data de efectos da renuncia.

Tamén supón unha excepción ao criterio xeral a renuncia a un posto de traballo por desempeñar outro vacante nos supostos previstos no artigo 15.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Si, existen diversas causas de forza maior que deben ser acreditadas e apreciadas pola Comisión Permanente que xustifican non atender un chamamento ou non aceptar un posto que se ofreza.

A Comisión Permanente estuda os casos individualmente. Os acordos máis frecuentemente aplicados por esta poden consultarse nesta ligazón.

As persoas inscritas nas listas poden solicitar electronicamente a modificación de ámbitos no mes de xaneiro de todos os anos. Estas solicitudes producirán efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte.

Premendo nesta ligazón pódese acceder directamente á páxina de xeración da solicitude de modificación de ámbitos.

As persoas interesadas poden consultar os seus datos persoais premendo nesta ligazón.

As persoas inscritas nas listas poden solicitar electronicamente a modificación de datos persoais en calquera momento. Estas solicitudes producirán efectos na xestión das listas dende o día seguinte ao da súa presentación.

Premendo nesta ligazón pódese acceder directamente á páxina de xeración da solicitude de modificación de datos persoais.

A Administración efectuará anualmente de oficio a actualización de méritos e publicará a lista provisional, dispoñendo as persoas interesadas dun prazo de dez días para reclamar no caso de non estar conformes con ela.

Nas categorías de persoal laboral dos servizos de defensa contra incendios forestais as persoas integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos e mancomunidades na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables.

As persoas integrantes das devanditas listas que desexen modificar o concello de empadroamento farano no mes de xaneiro utilizando o modelo de solicitude que estará dispoñible no portal web e achegarán o certificado de empadroamento.

Premendo nesta ligazón pódese acceder directamente á páxina de xeración da solicitude de modificación de concello de empadronamento.

A carreira administrativa horizontal é unha das modalidades da carreira administrativa que supón a posibilidade de avanzar profesional e retributivamente sen necesidade de cambiar de posto de traballo como recoñecemento da experiencia, os coñecementos e o compromiso coa organización mostrados durante a actividade profesional.

A disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, circunscribe o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario e, ademais, este sistema configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino, complemento que soamente existe para o persoal funcionario.

Por estes motivos optouse por establecer un acordo sobre a carreira administrativa para o persoal funcionario; namentres que para o persoal laboral optouse por crear un novo complemento retributivo, que pasa a denominarse complemento de desempeño, se ben ambos complementos teñen os mesmos requisitos, estrutura e cantidades. 

Non, o sistema é voluntario, polo que é necesario facer unha solicitude en prazo.

A solicitude que se debe cubrir, o prazo para facelo e a documentación que, en caso de ser necesaria, se deba presentar, descríbese en cada orde de convocatoria.

Poderá solicitar a carreira todo o persoal funcionario tanto de carreira como interino incluído dentro do ámbito de xestión da consellería competente en materia de función pública.

Poderá solicitar a carreira todo o persoal laboral incluído dentro do ámbito de xestión da consellería competente en materia de función pública.

Non, dado que os efectos económicos son a partir do 01/01/2024 e xa non se atopaba en activo na devandita data.

Si, sempre que estivese en activo a 31/12/2023 e se xubilase con posterioridade. Neste caso, os efectos económicos serán desde o 01/01/2024 ata a data da xubilación.

Só se pode facer unha solicitude para o recoñecemento de grao. O sistema proporá ben o grao I ou o grao II segundo os datos obrantes no expediente persoal e a súa situación a 31/12/2023. 

Aínda que se cumpran os requisitos para solicitar o grao II se non ten o grao I concedido deberá solicitar o grao I e esperar a solicitar o grao II noutra convocatoria, posto que a 31/12/2021 non está en posesión do grao I que é condición necesaria para solicitar o grao II nesta convocatoria.

A convocatoria extraordinaria establece un prazo para realizar as solicitudes e un prazo para a avaliación dos criterios.

As solicitudes presentadas fóra do prazo establecido na convocatoria serán inadmitidas aínda que se cumpran os requisitos no momento de facelas.

Os diferentes requisitos aparecen recollidos e descritos na súa correspondente convocatoria.

Para solicitar o grao I ou II teranse en conta os servizos prestados en calquera administración ou entidades públicas instrumentais incluídas no articulo 45.a da Lei 16/2010 de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia. 

A estes efectos considérase incluído especificamente o Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar e o Sergas.

As contías dependerán do grupo ou subgrupo no que se lle recoñeza o grao. As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades e serán as seguintes (por cada grao):

Grupo/subgrupo Contía por cada grao
A1 2.589,12 €
A2 1.812,00 €
B 1.291,20 €
C1 1.168,56 €
C2 991,80 €
AP 801,48 €

Estas contías serán actualizadas anualmente coa porcentaxe de incremento que establezan as sucesivas leis de orzamentos para a retribución do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este complemento percibirase, en todo caso, na situación de servizo activo no correspondente corpo e durante o desempeño de postos ou cargos no ámbito da Administración ou en entes instrumentais integrantes do sector público autonómico.

En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento deste complemento adicional ao complemento de destino correspondente ao grao I ou ao grao II recoñecido producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica a seguir:

  • En 2024 o 33 %
  • En 2025 o 66 %
  • En 2026 o 100 %

Este complemento percibirase en todo caso na situación de servizo activo no correspondente grupo ou durante o desempeño de postos ou cargos no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e dentro do ámbito de xestión da consellería competente en materia de función pública. 

En todo caso poderase cobrar un límite máximo de 4 graos recoñecidos. En caso de ter recoñecidos graos en diferentes grupos ou subgrupos percibirá os 4 graos recoñecidos de maior contía.

Se non se atopa en activo no seu grupo/subgrupo por estar en excedencia ou situacións similares polas que non estea prestando servizos ou desempeñando cargos nesta administración, poderá solicitar a carreira igualmente, pero non terá efectos económicos ata que non se incorpore ao servizo nesta administración e dentro do ámbito de xestión da consellería competente en materia de función pública.

Teranse en conta os méritos anteriores ao 31/12/2023. Os méritos posteriores á devandita data teranse en conta para convocatorias seguintes, pero non para a actual.

Teranse en conta os méritos que figuren no seu expediente no momento de facer a solicitude. Se non figuran méritos ou non son suficientes requiriráselle para que os achegue.

Non debe presentar méritos se non se lle require.

Co fin de acadar a maior celeridade, eficacia e eficiencia non se permite a actualización de datos do expediente durante o prazo de solicitudes. As solicitudes de actualización de datos que cheguen mentres estea aberto o prazo de convocatoria tramitaranse unha vez pechado o prazo e, polo tanto, non serán tidas en conta.

Teranse en conta os méritos que figuren no seu expediente no momento de facer a solicitude. Se non figuran méritos ou non son suficientes requiriráselle para que os achegue.

Non debe presentar méritos se non se lle require.

A homologación da carreira/complemento recoñecida noutra administración require da existencia dun convenio entre ambas administracións.

Na actualidade, dado que aínda nos atopamos nun momento moi inicial da implantación da carreira, non existe ningún convenio asinado.

As solicitudes estimatorias ou desestimatorias publicaranse no Diario Oficial de Galicia e actualizarase o concepto no seu expediente administrativo.

No momento en que o programa permita as notificacións individuais dun xeito sinxelo, valorarase o uso dese sistema.

Para solicitar o recoñecemento da carreira administrativa ou complemento de desempeño solicítaselle que comprobe os seus datos e os actualice. Empregaranse os datos de contacto (teléfono ou correo) en caso de que sexa preciso poñerse en contacto con vostede.

Pode editar estes datos premendo no botón "Editar" que figura na parte superior da pantalla. Unha vez modificados pode premer en "Gardar".

Hai datos que non pode editar nesta pantalla: a data de nacemento, e de constar, a conta bancaria. Estes datos deben ser actualizados polo servizo de persoal que lle corresponda. Por favor, para cambiar estes datos póñase en contacto con ese servizo. 

Recorde que os datos persoais están nun bloque aberto ao que pode acceder en calquera momento. Se xa presentou a súa solicitude e os datos non estaban correctos ou completos pode modificalos e gardalos en calquera momento. Os datos empregados para poñerse en contacto con vostede serán os que consten no sistema nese momento.

 

Para calquera tema relacionado con incidencias na nómina debe poñerse en contacto co seu habilitado de nómina.

En caso de que teña algunha dúbida sobre as bases, a normativa ou os pasos a seguir no concurso pode porse en contacto connosco nos seguintes teléfonos:

Consulta de dúbidas xerais sobre o concurso:

  • 881 999 007
  • 881 999 389
  • 981 545 770
  • 981 545 868

No caso de que teña calquera problema técnico de acceso ou utilización do sistema, poder chamar ao seguinte teléfono:

  • Consulta de dúbidas técnicas sobre a aplicación informática: 881 999 883 (Ibercom 99883)
  • Tamén pode enviarnos a súa consulta ao seguinte enderezo de correo electrónico soporte.rrhh@xunta.gal

Neste correo deberá incluír a súa consulta xunto coa seguinte información: nome completo, NIF, teléfono de contacto e en caso de ter unha conta de correo, o seu enderezo electrónico.

Esta mesma información deberá enviala se desexa empregar o fax como medio de contacto, deberá envialo á seguinte número: 981 545 225 utilizando o seguinte formulario de incidencias.

No seguinte documento explícanse as distintas formas de contacto, así como a información que tedes que proporcionarnos.

Para a correcta xeración do impreso de emenda, requírese que se teña instalado e actualizado o Adobe Acrobat Reader (lector de documentos PDF). Dende esta ligazón pódese baixar e instalar unha nova versión do programa.

15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

  • Os datos persoais
  • Os datos administrativos (entre os que se inclúen os do corpo desde o que se participa)
  • Os postos por orde de prelación que se solicitan en primeira fase e, se se quere optar á fase de resultas, é necesario facer constar o nivel mínimo, a localidade que se pide e a orde de preferencia das consellerías

Son aqueles postos que quedan vacantes como consecuencia da adxudicación de prazas na primeira fase do concurso.

 

Non, os postos de resultas son aqueles postos que liberan os/as que obtiveron un posto na primeira fase.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias publicárase nesta páxina web de Función Pública a relación de postos cuxo sistema de provisión fose o concurso e que estivesen ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que presentaron solicitude de participación aos postos do anexo I da convocatoria.

Estes postos seran os que se oferten en resultas, condicionados a que os seus titulares  obteñan un posto na primeira fase.

Os destinos obtidos por novo ingreso terán carácter definitivo, equivalente a todos os efectos aos obtidos por concurso, polo que para participar nun concurso de traslados deberán esperar dous anos.

Se o primeiro posto obtido tras superar un proceso selectivo ten carácter provisional, o tempo neste terase en conta para os efectos de poder participar nos seguintes concursos de traslados.

Si, en calquera momento xa que a participación nun concurso de traslados é unha forma de solicitar o reingreso.

Aqueles/as funcionarios/as que estean adscritos/as provisionalmente a un posto terán a obriga de participar nos concursos de traslados nos que se convoquen prazas abertas ao seu corpo, escala ou categoría.

O non cumprimento desta obriga, no caso no que se convoque a praza á que están adscritos provisionalmente, dará lugar ao paso á situación de excedencia voluntaria por interese particular.

Si, xa que segundo establecen as bases da convocatoria os datos reflectidos na certificación serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Calquera certificación ou validación que non reúna os requisitos establecidos ou fose enviada polo interesado fóra do prazo sinalado, terase por non presentada.

Poderán participar se levan dous anos nun posto definitivo obtido por concurso, independentemente de se este posto se obtivo noutra Administración.

A funcionarización é o proceso que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia para adquirir a condición de persoal funcionario a través dun procedemento específico.

Si. O proceso de funcionarización do persoal laboral fixo está previsto na disposición transitoria segunda do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril de Emprego Público de Galicia.

Ademais, hai que ter en conta tamén que a Xunta e os sindicatos CC. OO. e UXT asinaron en 2019 un importante acordo –Acordo de concertación do emprego público de Galicia– no que se desenvolven os criterios necesarios para levar a cabo o proceso de funcionarización que está actualmente en marcha.

Tamén se pode consultar a seguinte normativa:

Non. Este proceso de funcionarización está dirixido ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo.

A funcionarización é o proceso a través do cal se transforma, por un lado, o vínculo que existe entre o empregado público e a propia Administración; e, polo outro, o propio posto de traballo desempeñado ata ese momento pola persoa que ten a condición de laboral fixo, que se transforma en praza de persoal funcionario.

É por isto que o persoal laboral temporal non pode participar neste proceso, dado que desempeña un posto de traballo con carácter transitorio non adquirido aínda a fixeza mediante un proceso selectivo baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Os requisitos a cumprir están recollidos no artigo 3.3 do Decreto 165/2019.

Non, a participación nos procesos de funcionarización é, en todo caso, voluntaria, polo que lle corresponde a cada persoa traballadora que reúna os requisitos de admisión decidir libremente sobre a súa participación no mesmo.

O proceso consiste nun concurso – oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba de tipo test cuxas preguntas serán seleccionadas entre as baterías de preguntas, que serán previamente publicadas na web da Dirección Xeral da Función Pública; así mesmo, para a realización desta proba poderán levarse os textos legais usados para a realización das devanditas preguntas.

Coa unificación do réxime xurídico dos empregados públicos, as prazas de persoal laboral irán desaparecendo paulatinamente da Administración galega para substituírse por postos de traballo de persoal funcionario. Isto implica que o número de prazas de persoal funcionario se incrementarán, co que as posibilidades de mobilidade e promoción serán maiores.

Ademais, a funcionarización permite o acceso á carreira profesional do persoal funcionario.

Este tránsito –de persoal laboral fixo a persoal funcionario– realízase dun xeito regulamentado, sinxelo e sen perda de dereitos económicos.

O anexo do Decreto 165/2019 recolle a táboa de equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario. O persoal laboral fixo só poderá funcionarizarse no corpo, grupo, escala ou especialidade ao que se refira o procedemento de funcionarización que equivale á súa categoría.

Así mesmo, a disposición adicional 8ª e a disposición adicional 9ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia recollen as titulacións esixidas para cada corpo, escala e especialidade de persoal funcionario.

O vixente acordo de concertación establece que aquel persoal que se atope en postos susceptibles de ser funcionarizados pode solicitar a carreira profesional ou complemento de desempeño, condicionado á superación do proceso de funcionarización. No caso de non funcionarizarse, decaerán os graos recoñecidos e os seus efectos económicos.

Non se reducirán. O apartado 3b do Acordo de concertación do emprego público de Galicia establece que ao persoal laboral fixo que, como consecuencia do proceso de funcionarización adquira a condición de funcionario de carreira e, polo tanto, continúe no mesmo posto de traballo obxecto de funcionarización, garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo se estas fosen superiores ás que lle correspondan como funcionario mentres permaneza nese destino.

A diferenza de retribucións entre funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización. Este complemento non será nin compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que con carácter xeral establezan as leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

As bases de cotización que determinan o importe da pensión de xubilación non dependen da condición de funcionario ou laboral, senón da contía das remuneracións brutas que recibe o/a traballador/a.

Posto que as retribucións non se reducen, as bases de cotización tampouco baixan e polo tanto non afecta de ningún xeito ao importe da pensión de xubilación.

O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto independente na nómina á marxe do complemento de funcionarización. Ademais, o primeiro trienio que se perfeccione como funcionario nunca terá unha contía inferior ao que se percibiría como persoal laboral.

As condicións específicas que viñan favorecendo a xubilación parcial do persoal laboral desapareceron o 31 de decembro de 2018, posto que o Goberno central non renovou a normativa que as establecía. Polo tanto, ao non existir este beneficio, á funcionarización tampouco lle afecta.

A funcionarización é un proceso totalmente voluntario. É por iso que o persoal laboral fixo que non desexe acollerse manterá os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo que lle resulten de aplicación.

Si. Unha vez adquirida a condición de funcionario poderase participar nos procesos de mobilidade e promoción interna do correspondente grupo e escala, sempre que se acrediten todos os requisitos que esixe a normativa vixente.

En consecuencia, os postos de traballo do persoal laboral fixo que se funcionarice transformaranse en prazas de persoal funcionario que á súa vez se sumarán a estes procesos cando queden vacantes.

É un requisito establecido no Estatuto do Empregado Público. O EBEP establece que o persoal laboral fixo que desexe converterse en funcionario debe superar un proceso de concurso-oposición. En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para unha oposición ordinaria posto que os seus destinatarios son empregados públicos que xa superaron unha oposición.

Subgrupo A1

Subgrupo A2

Subgrupo C1

Subgrupo C2

Agrupación profesional - grupo V

Si. A disposición adicional primeira do Decreto 165/2019 recolle a posibilidade de funcionarizarse ao persoal que se atope en excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos no sector público. Nestes casos, farase a través dun procedemento de funcionarización específico para o persoal laboral fixo en calquera das situacións anteriores. Como primeiro paso, publicarase no DOG a apertura dun prazo para que o persoal interesado poida manifestar a súa vontade de querer participar nos futuros procesos de funcionarización que se convoquen para cada categoría profesional. É requisito indispensable cubrir a solicitude de participación. Ademais, no caso específico da excedencia voluntaria, tamén terá que cumprir como requisito ter prestado un mínimo de un ano de servizo na categoría profesional desde a que se presente á funcionarización.

Si, o persoal laboral fixo que se atope na situación de excedencia para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos, excedencia por coidado de familiares ou excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual pode participar nos procesos de funcionarización.

O persoal laboral fixo discontinuo de contrato cunha duración igual ou superior a 9 meses ao ano pode participar nos procesos de funcionarización. Porén, queda expresamente excluído destes procesos o persoal laboral fixo adscrito a postos de natureza fixa discontinua cun período de actividade ao ano inferior aos nove meses.

Si. Pode desistir voluntariamente da súa funcionarización, e non asinar o acordo de extinción da relación laboral, o que implica manter a súa condición de persoal laboral fixo.

Igual que en calquera outro proceso selectivo, lea previamente con atención a convocatoria e acceda á páxina de xeración de solicitudes.

Na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia inclúese a Disposición adicional décimo sétima. Modalidade específica de promoción do persoal laboral:

O persoal laboral fixo que desempeñe funcións correspondentes a persoal funcionario e non cumpra os requisitos establecidos no número 1 da disposición transitoria primeira desta lei, poderá acceder aos corpos ou escalas de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia aos que figuren adscritas as funcións que realice, de conformidade coas equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral e as escalas de persoal funcionario fixadas polo Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que posúa a titulación necesaria, reúna os restantes requisitos exixidos, non exceda da idade de xubilación forzosa e supere o correspondente proceso selectivo realizado de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como os demais establecidos nos artigos 49 e 55 desta lei.

As convocatorias dos procesos selectivos poderán eximir total ou parcialmente o persoal previsto no número anterior que participe neles dalgunha das probas selectivas exixidas ao persoal de novo ingreso e/ou reducir parte do temario, de forma xustificada, atendendo ao contido das probas selectivas superadas no seu día para acceder á condición de persoal laboral fixo e ao feito do desempeño de funcións substancialmente coincidentes no seu contido profesional e no seu nivel técnico coas do corpo ou escala aos que intenta promocionar.

Non. Este proceso está dirixido ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo que adquire esa condición con posterioridade á entrada en vigor do EBEP.

Os requisitos a cumprir están recollidos na disposición adicional 17 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e nas convocatorias dos procesos selectivos convocados ao efecto.

Non, a participación nos procesos de promoción específica é, en todo caso, voluntaria, polo que corresponde a cada persoa traballadora que reúna os requisitos de admisión decidir libremente sobre a súa participación no mesmo.

O proceso consiste nun concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba de tipo test, para a cal as persoas aspirantes poderán tomar como referencia a batería de preguntas que para cada subgrupo se atopa publicada na páxina https://xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion; así mesmo, para a realización desta proba poderán levarse os textos legais usados para a realización das devanditas preguntas.

Coa unificación do réxime xurídico dos empregados públicos, as prazas de persoal laboral irán desaparecendo paulatinamente da Administración galega para substituírse por postos de traballo de persoal funcionario. Isto implica que o número de prazas de persoal funcionario se incrementarán, co que as posibilidades de mobilidade e promoción serán maiores.

Ademais, a promoción específica permite o acceso á carreira profesional do persoal funcionario.

O anexo do Decreto 165/2019 recolle a táboa de equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario. O persoal laboral fixo só poderá promocionar no corpo, grupo, escala ou especialidade ao que se refira o procedemento de funcionarización que equivale á súa categoría.

Así mesmo, a disposición adicional 8ª e a disposición adicional 9ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia recollen as titulacións esixidas para cada corpo, escala e especialidade de persoal funcionario.

O vixente acordo de concertación establece que aquel persoal que se atope en postos susceptibles de ser funcionarizados pode solicitar a carreira profesional ou complemento de desempeño, condicionado á superación do proceso de promoción específica. No caso de non superar o proceso de promoción específica, decaerán os graos recoñecidos e os seus efectos económicos.

Non se reducirán. O réxime económico aplicable será o mesmo que para a funcionarización.

As bases de cotización que determinan o importe da pensión de xubilación non dependen da condición de funcionario ou laboral, senón da contía das remuneracións brutas que recibe o/a traballador/a.

Posto que as retribucións non se reducen, as bases de cotización tampouco baixan e polo tanto non afecta de ningún xeito ao importe da pensión de xubilación.

As condicións específicas que viñan favorecendo a xubilación parcial do persoal laboral desapareceron o 31 de decembro de 2018, posto que o Goberno central non renovou a normativa que as establecía. Polo tanto, ao non existir este beneficio, á funcionarización tampouco lle afecta.

Ao ser un proceso totalmente voluntario, o persoal laboral fixo que non desexe acollerse manterá os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo que lle resulten de aplicación.

Si. Unha vez adquirida a condición de funcionario poderase participar nos procesos de mobilidade e promoción interna do correspondente grupo e escala, sempre que se acrediten todos os requisitos que esixe a normativa vixente.

En consecuencia, os postos de traballo do persoal laboral fixo que se funcionarice transformaranse en prazas de persoal funcionario que á súa vez se sumarán a estes procesos cando queden vacantes.

É un requisito establecido na disposición adicional 17ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para unha oposición ordinaria, posto que os seus destinatarios son empregados públicos que xa superaron unha oposición.

Si. Pode desistir voluntariamente da súa funcionarización pola modalidade específica de promoción, e non asinar o acordo de extinción da relación laboral, o que implica manter a súa condición de persoal laboral fixo.

Consonte o recollido nas convocatorias, para o desenvolvemento deste proceso selectivo os/as aspirantes poden tomar como referencia a batería de preguntas que para cada subgrupo se atopa publicada aquí.

Outras preguntas frecuentes

Nesta sección podes resolver as túas dúbidas mediante as preguntas frecuentes dos seguintes temas relacionados:

Servizos en liña

  • Icono de Solicitar información xeral ou particular

    Desde aquí poderás solicitar información xeral, pública ou particular, a traves dos procedemento da sede electrónica. Esta información será facilitada polas oficinas de atención á cidadanía e rexistro ou no teléfono 012. Accede e consulta as modalidades de presentación.

  • Icono de Videointerpretación en lingua de signos

    A Xunta de Galicia pon a túa disposicióna a través deste enlace, un sistema de videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, ao 012, a liña telefónica que canaliza todas as consultas de información xeral que a cidadanía dirixe á Administración galega.

  • Icono de Fai a túa suxestión ou queixa

    Desde este enlace web poderás acceder á información para poder presentar unha suxestión ou queixa ante a Administración autonómica ou noutros ámbitos.

  • Icono de Contacta con nós

    Se non atopas a información que buscas, escríbenos unha mensaxe coa túa consulta a través do formulario que atoparás neste enlace