Residencias de tempo libre

Residencias de tempo libre

Un ano máis, a Consellería de Política Social e Igualdade volta a poñer en marcha o programa de vacacións familiares nas Residencias de Tempo Libre, que se desenvolverán entre os meses de xuño e outubro nas instalacións de O Carballiño e Nigrán. 

A ter en conta

  • Non se admitirán solicitudes que inclúan persoas que xa participasen nalgunha quenda da mesma residencia nos dous anos anteriores

  • Presentarase unha única solicitude por unidade familiar

  • A solicitude dirixirase ao Departamento Territorial:
    • De Ourense, no caso de que figure como primeira opción a residencia do O Carballiño
    • Vigo, no caso de que figure como primeira opción a residencia de Panxón

  • A presentación será obrigatoriamente a través da sede electrónica entre o 8 e o 21 de maio de 2025

Queres saber máis?