Xuntos polo Nadal 2025

Se vai pasar as festas de Nadal só e ten 60 anos ou máis, poderá compartir celebración, actividades e bos momentos con outros maiores nas Residencias de Tempo Libre da Xunta.

Ofrécese aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.

Este programa levarase a cabo entre o 23 de decembro do 2025 e o 7 de xaneiro do 2026.

Convócanse 270 prazas repartidas en dúas residencias:

  • Panxón
  • O Carballiño

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 13 ata o 26 de novembro de 2026 (ambos incluídos).

 

 

Queres saber máis?