Niños de vespa velutina

A vespa velutina, tamén coñecida como vespa asiática, é unha especie invasora detectada en Galicia desde o ano 2013.

Comunicación de niños ao 012

Para que a retirada sexa efectiva, é importante que o niño estea localizado e que teña actividade visible.

Como se pode comunicar a presenza dun niño?

  • A través do chat situado ao pé desta páxina. O sistema solicitará os datos necesarios e facilitará un código de rexistro ao final do proceso (recoméndase anotalo). Os datos persoais serán empregados unicamente para a xestión do aviso. Pódese consultar a información básica de protección de datos ao acceder ao chat. 
  • Chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643

Impactos principais

  • Predación sobre outras especies de insectos, especialmente as abellas.
  • Afectación á produción froiteira.
  • Incremento do risco de picaduras en zonas urbanas e semiurbanas. O risco para as persoas é similar ao doutras vespas, agás para persoas alérxicas, que deben ter especial coidado.

Medidas adoptadas en Galicia

A Xunta desenvolveu un programa para reducir o impacto da vespa velutina mediante:

  • Captura de exemplares mediante trampas.
  • Eliminación de niños por equipos especializados, previa comunicación ao 012.
  • Formación e difusión de información aos colectivos afectados.

ver máis