Suxestións e queixas
Desde esta páxina web podes acceder á información para presentar unha suxestión ou queixa ante a Administración autonómica.
Que é unha suxestion ou unha queixa?
Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.
Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.
Descrición dos servizos
As modalidades de presentación son:
- Electrónica: a través da sede electrónica:
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo os modelos normalizados:
Unha vez cuberto o modelo normalizado, deberá presentarse en calquera das oficinas que integran o Sistema único de rexistro.
Outros ámbitos de reclamación
-
-
-
Ámbito educativo
Para queixas ou suxestións no ámbito docente, debe empregar o formulario do procedemento PR004A e dirixilo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
-
Ámbito de consumo
Para reclamación en materia de consumo, debe presentalo a través do procedemento CO401A.