Accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web e aplicacións móbiles de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
En aplicación desta norma, facilítanse mecanismos de comunicación ás persoas usuarias, para que poidan presentar suxestións, queixas ou informar sobre calquera posible incumprimento dos requisitos de accesibilidade.
Mecanismos de comunicación
Calquera persoa física ou xurídica pode facer uso dalgunha das 2 modalidades dispoñibles neste ámbito: as comunicacións sobre requisitos de accesibilidade e as solicitudes de información accesible e queixas.
Igualmente, e para o caso de que unha solicitude fose desestimada, ou a persoa non estea de acordo coa decisión adoptada, pode iniciar unha reclamación.
Calquera persoa física ou xurídica pode facer uso dalgunha das 2 modalidades dispoñibles neste ámbito: as comunicacións sobre requisitos de accesibilidade e as solicitudes de información accesible e queixas.
Igualmente, e para o caso de que unha solicitude fose desestimada, ou a persoa non estea de acordo coa decisión adoptada, pode iniciar unha reclamación.
Calquera persoa física ou xurídica, en relación aos sitios web e aplicacións móbiles da Xunta de Galicia, pode empregar estas comunicacións para:
- informar sobre calquera posible incumprimento dos requisitos de accesibilidade establecidos na normativa vixente,
- transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade.
-
- Electrónica: a través da sede electrónica e facendo uso do procedemento de suxestións PR003A ou do de queixas PR002A
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo os modelos normalizados de suxestións PR003A ou de queixas PR002A e presentándoos na oficina de asistencia en materia de rexistros de calquera administración (no ámbito da autonómica galega pode consultar aquí as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro).
Con independencia da modalidade escollida, cómpre facer referencia a que se trata dunha comunicación sobre requisitos de accesibilidade dirixida á Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da Xunta de Galicia.
As solicitudes de información accesible e queixas permiten que calquera persoa física ou xurídica:
- formule queixas relativas ao cumprimento dos requisitos do Real Decreto 1112/2018
- ou solicite información relativa a contidos que están:
- excluídos do ámbito de aplicación do Real Decreto 1112/2018 (artigo 3.4)
- ou exentos do cumprimento dos devanditos requisitos por impoñer unha carga desproporcionada (artigo 7)
-
- Electrónica: a través da sede electrónica e facendo uso do procedemento de suxestións PR003A ou do de queixas PR002A
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo os modelos normalizados de suxestións PR003A ou de queixas PR002A e presentándoos na oficina de asistencia en materia de rexistros de calquera administración (no ámbito da autonómica galega pode consultar aquí as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro).
Se desexa presentar unha solicitude de información accesible, teña en conta que debe "concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima" (artigo 12.2).
Con independencia da modalidade escollida, cómpre facer referencia a que se trata dunha solicitude de información accesible ou queixa dirixida á Unidade Responsable de Accesibilidade (URA) da Xunta de Galicia.
Se vostede presentou unha solicitude de información accesible ou queixa e:
- foi desestimada,
- non está de acordo coa decisión adoptada,
- a resposta non cumpre cos requisitos do artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018,
- ou transcurriu o prazo de 20 días hábiles sen que obtivese resposta.
pode iniciar unha reclamación.
Para isto, pode empregar calquera destas modalidades:
-
- Electrónica: a través da sede electrónica e facendo uso do procedemento de queixas PR002A
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo o modelo normalizado de queixas PR002A e presentándoos na oficina de asistencia en materia de rexistros de calquera administración (no ámbito da autonómica galega pode consultar aquí as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro).
Con independencia da modalidade escollida, cómpre facer referencia a que se trata dunha reclamación en materia de accesibilidade en relación a unha solicitude de información accesible ou queixa presentada previamente.
Materias sobre as que se facilita información
- Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
- Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de outubro de 2016 sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público
- Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración
- Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia
- a información tanto textual como non textual,
- os documentos e formularios que se poden descargar,
- os contidos multimedia pregrabados de base temporal,
- as formas de interacción bidireccional,
- o tratamento dos formularios dixitais
- e a formalización dos procesos de identificación, autenticación, firma e pago (con independencia da plataforma tecnolóxica empregada).
Están excluídos, e polo tanto exentos de cumprir os requisitos de accesibilidade:
- os contidos multimedia en directo e pregrabado de webs e aplicacións móbiles dos servizos públicos de radiodifusión e das súas filiais
- os arquivos ofimáticos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto (20 de setembro de 2018), agás que sexan necesarios para tarefas administrativas activas
- contido multimedia pregrabado publicado antes do 20 de setembro de 2018
- servizos de mapas e cartografía en liña, sempre que a información esencial se proporcione de maneira accesible dixitalmente no caso de mapas destinados a fins de navegación
- contidos de terceiros que non estean financiados nin desenvolvidos polo suxeito obrigado, nin estean baixo o seu control
- reproducións de bens de coleccións do patrimonio que non poidan facerse plenamente accesibles por:
- incompatibilidade dos requisitos de accesibilidade coa conservación do ben de que se trate ou coa autenticidade da reprodución
- indispoñibilidade de solucións automatizadas e rendibles que permitan extraer o texto de manuscritos ou outros bens de coleccións do patrimonio e transformalos en contidos compatibles cos requisitos de accesibilidade
- contidos de extranet e intranet, entendéndoos como sitios web que só están accesibles para un grupo restrinxido de persoas e non para o público en xeral. Exclúense os publicados antes do 23 de setembro de 2019 ou ata que estes sitios sexan obxecto dunha revisión substancial
- contidos de sitios web e aplicacións móbiles que teñan a condición de arquivos ou ferramentas de arquivo por conter unicamente contidos non necesarios para o desenvolvemento de calquera tarefa administrativa activa, sempre que non fosen actualizados nin editados con posterioridade ao 20 de setembro de 2018