Bonos Activa Comercio
A Xunta de Galicia pon en marcha a segunda convocatoria do Bono Activa Comercio deste ano 2025, unha iniciativa para incentivar o comercio de proximidade.
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá empregar nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ó programa.
A ter en conta
- Trátase dun bono por valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:
- 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €
- 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €
- 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €
- Todas estas contías enténdense co IVE incluído
- Estarán dispoñibles para a súa descarga na web www.bonosactivacomercio.gal desde o 05/11/2025 ás 9:00h, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000 euros.
- Terá a consideración de bono desconto e o importe irase consumindo en función do valor da compra
- Para empregalo terá que dirixirse a un dos establecementos adheridos que pode consultar aquí
- Non será aplicable o troco dos bonos para as compras en liña