Bono Social Térmico

É un programa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética en consumidores/as vulnerables.

A súa finalidade é compensar os gastos necesarios para garantir a subministración de enerxía para calefacción, cociña ou auga quente ou para axudar no pago de actuacións de eficiencia enerxética, que permita o aforro.

A ter en conta

  • Son beneficiarias do Bono Social Térmico 2023 todas as persoas que sexan xa beneficiarias do Bono Social Eléctrico a 31/12/2022.
  • Non é preciso realizar ningunha solicitude; a todas as persoas beneficiarias envíaselles unha carta ao seu domicilio comunicándolles os importes que lles corresponden.
  • Se todos os datos que constan na carta están correctos non é preciso facer nada para cobrar a axuda.
  • Aínda que non é necesario, pode confirmarse que os datos están ben a través da web https://bonosocialtermico.xunta.gal, identificándose con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365 e subir tamén a documentación correspondente.
  • Ingreso: de acordo coa normativa vixente, non existe un prazo determinado para o pagamento da axuda, que, en todo caso, realizarase dentro da anualidade correspondente. Unha vez se vaian confirmando os datos de beneficiarios/as xa se irá aboando a axuda de xeito progresivo ás máis de 80.000 persoas beneficiarias.