Benestar en balnearios
A Xunta volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios, unha experiencia experiencia única de saúde, descanso e lecer destinada a persoas maiores de 60 anos de Galicia.
- En qué consiste?
- Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2026.
- A quen vai dirixido?
- A persoas maiores de 60 anos (ou pensionistas maiores de 55) xunto a un acompañante. No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33% tamén podería acompañar.
- Cal é o prazo de inscrición?
- Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026.
- Onde podo consultar os destinos e os prezos?
- A tarifa varía en función do establecemento escollido. Consulta os prezos no folleto informativo
- A Xunta de Galicia contribuirá á financiación das estancias mediante unha aportación por praza