Bono Concilia Familia

Bono Concilia Familia

O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias con nenos e nenas de ata 13 anos durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade. 

A ter en conta

  • O prazo de presentación de solicitudes é desde o 18 de setembro ata o 17 de outubro de 2024
  • Poden beneficiarse as familias con nenos e nenas de ata 13 anos (nacidos despois do 1/1/2011) que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir necesidades puntuais de conciliación polas obrigas laborais, persoais ou as responsabilidades familiares.
  • Os requisitos para solicitalo son:
    • Residir en Galicia
    • Ter unha nena ou un neno de ata 13 anos de idade (nacidos despois do 1/1/2011)
    • Que os dous proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais)