O sábado 19 de abril (Semana Santa) permanecerán pechadas ao público as oficinas do Rexistro Xeral en Santiago de Compostela e as dos rexistros dos edificios administrativos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

10/04/2025

O horario habitual das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta de Galicia é:

  • Oficinas dos edificios administrativos. Horario de atención ao público: de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres, e de 9.00 a 14.00 horas os sábados e os días 24 e 31 de decembro cando sexan laborais. Horario de verán: desde o 16 de xuño ata o 15 de setembro (ambos inclusive), de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. 
  • Resto de oficinas. Horario de atención ao público: de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Importante!

O sábado 19 de abril (Semana Santa) permanecerán permanecerán pechadas ao público as oficinas do Rexistro Xeral en Santiago de Compostela e as dos rexistros dos edificios administrativos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Pode pedir cita previa nesta páxina

As persoas maiores de 64 anos serán atendidas con preferencia fronte a outras persoas que se presenten sen cita previa.